Skip to Content

 

CURSO 2016-17

Visita ao SAI (Servizos de Apoio á Investigación)

Os alumnos de bioloxía de 2º de bacharelato foron visitar ás instalacións do SAI na Universidade da Coruña.

Os Servizos de Apoio á Investigación da Universidade da Coruña están compostos por un conxunto de servizos especializados capaces de prestar apoio á investigación científica, técnica e humanística, e cunha dotación instrumental, técnica e de recursos humanos que, ben polas súas características propias ou polo ámbito da súa aplicación, superan as necesidades dun Centro, Departamento ou Instituto Universitario. A función que deben cumprir é a de organizar racionalmente a utilización destes recursos destinados a tarefas de investigación.

Torneo de fútbol sala do primeiro ciclo da ESO

Entrega de premios aos gañadores do torneo de fútbol sala do primeiro ciclo da ESO:

"El prá fútbol club" de 1ºB.

Noraboa!

Visita alumnado de Arte (2º bacharelato)

O alumnado de Historia da Arte de segundo de bacharelato foi visitar ás exposicións de "Sorolla íntimo" no Museo de Belas Artes e "Sorolla tierra adentro" na Fundación Barrié.

Visita á exposición "George Méliès y el cine de 1900"

O alumnado de 2º de ESO (PMAR) visitou a exposición "George Méliès y el cine de 1900"

A exposición propón unha viaxe no tempo, xustamente aos anos en que o cinema se converteu nun espectáculo popular.

Os nosos alumnos trasladáronse a unha feira do ano 1900, coas súas barracas e o seu ambiente de festa. Foi nesa contorna onde o cinema tomou forma como espectáculo: con diversión e moitas emocións. E, en gran medida, iso foi grazas a un home, Georges Méliès, que soubo entender que quería a xente e como facela soñar e distraerse. As súas películas marcaron o camiño que seguiron os primeiros cineastas en Europa e Estados Unidos.Os diferentes espazos e recursos expositivos descubrirannos como era o mundo e o lecer en 1900, así como as claves para entender a importancia de Georges Méliès.

Visita a Pull&Bear

Os alumnos de Economía da Empresa de segundo de bacharelato visitaron ás instalacións de Pull&Bear en Narón. 

Percorrido polos Ancares - Pico Fieiro

Percorrido polos Ancares do alumnado de 1 de ESO.

Actividade do departamento de Educación Física.

Actividade de teatro no IES Monelos

O vindeiro mércores 5 comeza a actividade de teatro no IES Monelos. O primeiro ensaio é de proba. Podedes asistir ao mesmo de 16:00 a 18:00 horas no pabellón do centro. Animádevos a participar!

Ascensión ao Pico Fieiro en Ancares

11/10/2011 08:30

Alumnos de 1º ESO acompañados por profesores do centro farán unha visita á Aula da natureza en Ancares e intentarán a ascensión ao Pico Fieiro


 

Visita á Casa das Ciencias

27/10/2010 00:57
                 1º de ESO entra en contacto coa CIENCIA 
    foto

Alumnado de 1º ESO visitará Bens

04/06/2010 00:20
04/06/2010 11:20

Alumnos de 1º ESO acompañados polos profesores Teresa Giménez e Xosé M. Tato visitarán o parque de Bens. Esta actividade está organizada polo Departamento de Ciencias.

 

puesta de sol en parque de bens.a coruña.
Distribuir contido


by Dr. Radut