Breve Historia
O Instituto de Ensinanza Secundaria Monelos é un centro de ensinanza secundaria e de bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado no Barrio de Monelos, na cidade da Coruña.
A súa construción foi prevista durante a ditadura franquista polo Boletín Oficial do Estado do 27 de agosto de 1966, para dar unha liña alternativa como continuación do Instituto Masculino (Instituto Menéndez Pidal), e aínda que na actualidade funciona como extensión do CEIP San Francisco Javier, tamén recibe gran parte de alumnos do CEIP Juan Fernández Latorre e estudantes do IES Ramon Otero Pedrayo para o nivel de bacharelato.
O Instituto abríu por primeira vez ás súas portas o 1 de outubro de 1969 albergando os 5 niveis do antigo bacharelato. Coa denominación orixinal de "Instituto Nacional de Bachillerato" (INB) mudou a Instituto Nacional de Bacharelato Mixto (INBM) na transición, o de Instituto de Bacharelato (IB) tra-lo transpaso de competencias en materia de educación do Ministerio á Consellería, e finalmente o de Instituto de Educación Secundaria (IES) tra-la impantación da LOXSE en 1998, actualmente coa LOE/LOMCE en vigor segue a se denominar como Instituto de Educación Secundaria. O edificio actual ten tres andares e é o resultado de tres reformas e ampliacións sucesivas. Tamén dispón, separado do edificio principal, dun pavillón polideportivo cuberto. Nel estudaron escritores como Manuel Rivas e imparten clases de lingua galega outros coma Xavier Seoane ou Antón Capelán. Neste centro edítase a revista escolar Camiño do Corgo, de edición trimestral dende o ano 1998.