Skip to Content

ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Vacantes previstas para o curso 2024-25

Ver aquí


O proceso de admisión de alumnado tramitarase mediante a aplicación informática admisionalumnado 

Nese enlace pódense consultar os manuais e a lexislación referidos a este proceso:

a) Solicitudes de reserva (ED550A): do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2024 para que os centros adscritos fagan a reserva do seu alumnado que cambia de etapa educativa

b) Solicitudes ordinarias de admisión (ED550B): do 1 ao 20 de marzo de 2024 para alumnado que non reservou a praza no centro adscrito

Unha vez validada a oferta pola inspección educativa, será publicada a previsión de vacantes antes do 1 de marzo.

Mapas coas zonas de influencia

- Alumnado ESO: área 16

- Alumnado Bacharelato: áreas 16 e 24

Criterio Complementario

No Consello Escolar do IES Monelos con data 22 de xaneiro de 2013 foi aprobado o seguínte criterio complementario:

...na ESO otorgarase un punto ao alumnado que, segundo o caso, teña nota media igual ou superior a notable ou a 7,5 no seu expediente académico do curso inmediatamente anterior ao que están cursando no momento de realizar a solicitude”.

EXAMES FINAIS 2º BACHARELATO

O calendario dos exames finais de segundo de Bacharelato o tedes no seguinte enlace: 

Exames finais segundo Bacharelato

BECAS NEAE

Con data do 12 de abril de 2024 publicouse o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024/25.

Toda a información en: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

As solicitudes débense cumplimentar mediante formulario accesible por internet na dirección www.educacionyfp.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional na dirección https://sede.educacion.gob.es

O prazo de presentación de solicitudes extenderáse dende o día 30 de abril de 2024 ata o día 13 de setembro de 2024, ambos inclusive. 

Máis información aquí

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Toda a información aquí

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC

Os días 21, 22, 25 e 26 de marzo de 2024 (en cada grao está o horario e a ligazón para conectarse por videoconferencia con profesorado do centro): https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Que non poidas visitalos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade.

BECAS BACHARELATO, FP E OUTROS ESTUDIOS NON UNIVERSITARIOS

O prazo é do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 

Máis información aquí: BECAS MEC

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato 

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados  

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior  

  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores  

  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia 

  • Ensinos deportivos  

  • Estudos relixiosos superiores  

  • Formación Profesional de Grao Básico  

  • Ensino universitario: Grados, Máster...  

 

COMO SOLICITALA?

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

2. REXÍSTRATE.

Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar. 

  • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.  

 Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas: 

  • Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou  

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.  

     

3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:

 
DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

  • PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)  

     

  • PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es  

     

  • DURANTE Os MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO Ao CORREO ELECTRONICO  

  • Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar.  

 

ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL PARA O ALUMNADO

 A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación ven de publicar a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24

A competencia dixital é unha das competencias clave que se avalían no sistema educativo e a súa acreditación constitúe un dereito do alumnado ao fin da súa educación secundaria. Neste sentido, dentro do Marco galego de competencias dixitais, tense establecido que o alumnado que remata os seus estudos de secundaria coa obtención dos títulos correspondentes, recibirá de oficio as acreditacións correspondentes:

a. coa obtención do título de ESO: acreditarase de xeito automático a competencia dixital no nivel de INICIACIÓN

b. coa obtención do título de Bacharel: acreditarase de xeito automático a competencia dixital nas áreas 1, 2, 3 e 5 no nivel INTERMEDIO.

 

Aparte destas acreditacións, o alumnado dos niveis educativos de 4º ESO e de 2º Bacharelato interesado en acreditar o nivel INTERMEDIO da competencia dixital en todas as áreas, pode facelo a través dunha proba oficial que se realizará no propio centro de ensino nos meses de abril (2º BACH) e maio (4º ESO).

Toda a información necesaria sobre as probas e contidos das probas está na propia Resolución do 28 de febreiro

Outros enlaces de interese con información sobre as acreditacións e as probas:


Portal da Consellería de cultura: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado

Portal da Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centros/xerenciaproxectos/competenciasdixitaisalumnado

Modelo de proba: https://certificacion-competenciasdixitais.xunta.gal/gl/demo/examen/3305/pregunta/1/popup

 

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTÍSTICA E PROFESIONAL

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso, vai poñer en marcha unha nova edición das XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTISTICA E PROFESIONAL 2024, ca novidade de que este ano centraranse exclusivamente nos estudos de FP e ensinazas artísticas profesionais e Superiores de Deseño.

As datas previstas para realizar as ditas Xornadas son do 15, 16 17 e 22 de abril, con prazo de inscrición do 1 ao 8 de abril.

O obxecto das Xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria  a oferta de Formación Profesional na Coruña e as novidades sobre os ciclos formativos para o próximo curso 2024/2025, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, os últimos cursos da ESO e de FP de graos medio e básico.

Ass sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas, pódense consultar no seguinte canal de youtube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qvXJ0y4QHsfZbme42cUB9t4

IDIOMAS DO MUNDO 2024

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe xoves as bases do programa Idiomas do Mundo 2024, de tal maneira que desde o venres 23 de febreiro ata o 7 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para solicitar a participación no programa, que permitirá a estancia en Irlanda durante un mes de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, nunha iniciativa de inmersión lingüística destinada a mellorar o dominio do inglés e achegar unha experiencia noutra cultura ao alumnado participante.
 
A inscrición pode facerse desde mañá a través da web educativa www.coruna.gal/educacion, no apartado de Idiomas do Mundo 2024. É moi importante que unha vez feita a inscrición en liña a través da web, as persoas solicitantes presenten por Rexistro (ben de maneira presencial ou telemática) toda a documentación requerida, que ven indicada nas bases, xa que do contrario non se terá por validada a inscrición.  
 
Serán un mínimo de 30 prazas e as estancias desenvolveranse en xullo ou agosto deste ano. O programa inclúe aloxamento, as clases de inglés, a programación de actividades culturais e lúdicas paralelas, así como o desprazamento entre a localidade irlandesa que se estableza e A Coruña, contando ademais con persoal que acompañará aos participantes para dar apoio no que poida ser preciso.
 
As estancias poden ser gratuítas ou poden estar cofinanciadas polos participantes, contando en todo caso todas elas cunha achega económica municipal, establecida en base a uns criterios de renda que están detallados nas bases.
 
Tal como se recolle nas bases, para participar no programa é imprescindible, entre outros requisitos, ter aprobadas todas as materias do pasado curso de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato e ter polo menos unha nota media de 7 no devandito curso e na materia de inglés, estar empadroado na cidade, ademais de estar matriculado neste curso nun centro educativo da Coruña.
 
Por parte dos centros será necesario achegar ao alumnado un certificado das notas de 4º de ESO e outro da matriculación en 1º de Bacharelato deste curso.
 
 
Para unha maior información, tamén poden consultar a web www.coruna.gal/educacion ou poden chamar ao Servizo de Educación, 981 184200, extensión 10911.

Bases aquí
Distribuir contido


by Dr. Radut