Skip to Content
 

XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTÍSTICA E PROFESIONAL

O Servizo Municipal de Educación do Concello da Coruña, en colaboración os centros públicos de Formación Profesional da cidade e a EASD Pablo Picasso, vai poñer en marcha unha nova edición das XORNADAS DE ORIENTACIÓN ARTISTICA E PROFESIONAL 2024, ca novidade de que este ano centraranse exclusivamente nos estudos de FP e ensinazas artísticas profesionais e Superiores de Deseño.

As datas previstas para realizar as ditas Xornadas son do 15, 16 17 e 22 de abril, con prazo de inscrición do 1 ao 8 de abril.

O obxecto das Xornadas é dar a coñecer aos estudantes de secundaria  a oferta de Formación Profesional na Coruña e as novidades sobre os ciclos formativos para o próximo curso 2024/2025, sendo os principais destinatarios o alumnado de bacharelato, os últimos cursos da ESO e de FP de graos medio e básico.

Ass sesións das mesas sobre estudos universitarios realizadas nas Xornadas de Orientación 2023 que foron gravadas, pódense consultar no seguinte canal de youtube: https://www.youtube.com/playlist?list=PLA84cgcDP9qvXJ0y4QHsfZbme42cUB9t4

IDIOMAS DO MUNDO 2024

O Boletín Oficial da Provincia publicou hoxe xoves as bases do programa Idiomas do Mundo 2024, de tal maneira que desde o venres 23 de febreiro ata o 7 de marzo estará aberto o prazo de inscrición para solicitar a participación no programa, que permitirá a estancia en Irlanda durante un mes de alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato, nunha iniciativa de inmersión lingüística destinada a mellorar o dominio do inglés e achegar unha experiencia noutra cultura ao alumnado participante.
 
A inscrición pode facerse desde mañá a través da web educativa www.coruna.gal/educacion, no apartado de Idiomas do Mundo 2024. É moi importante que unha vez feita a inscrición en liña a través da web, as persoas solicitantes presenten por Rexistro (ben de maneira presencial ou telemática) toda a documentación requerida, que ven indicada nas bases, xa que do contrario non se terá por validada a inscrición.  
 
Serán un mínimo de 30 prazas e as estancias desenvolveranse en xullo ou agosto deste ano. O programa inclúe aloxamento, as clases de inglés, a programación de actividades culturais e lúdicas paralelas, así como o desprazamento entre a localidade irlandesa que se estableza e A Coruña, contando ademais con persoal que acompañará aos participantes para dar apoio no que poida ser preciso.
 
As estancias poden ser gratuítas ou poden estar cofinanciadas polos participantes, contando en todo caso todas elas cunha achega económica municipal, establecida en base a uns criterios de renda que están detallados nas bases.
 
Tal como se recolle nas bases, para participar no programa é imprescindible, entre outros requisitos, ter aprobadas todas as materias do pasado curso de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato e ter polo menos unha nota media de 7 no devandito curso e na materia de inglés, estar empadroado na cidade, ademais de estar matriculado neste curso nun centro educativo da Coruña.
 
Por parte dos centros será necesario achegar ao alumnado un certificado das notas de 4º de ESO e outro da matriculación en 1º de Bacharelato deste curso.
 
 
Para unha maior información, tamén poden consultar a web www.coruna.gal/educacion ou poden chamar ao Servizo de Educación, 981 184200, extensión 10911.

Bases aquí

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (1º-2º BACH)

BOLSAS DA DIRECCIÓN XERAL DE ORDENACIÓN EDUCATIVA (Consellería de cultura, educación, FP e Universidades - Xunta de Galicia)

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a través de Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 [...], establece a posibilidade de solicitar en réxime do concorrencia competitiva bolsas de axuda para a realización de actividades de inmersión en linguas estranxeiras. As actividades solicitadas desenvolveríanse nos meses de xullo e agosto. As axudas cubren os gastos de viaxe, alouxamento, manutención e actividades no país de destino. Os requisitos de participación son os seguintes:

- Estar cursando 1º ou 2º de Bacharelato nun centro público de Galicia durante o curso 2023/24

- Ter todas as materias do curso 2022/23 aprobadas

- Ter unha media mínima de 6 na materia de 1ª lingua estranxeira no curso no que estaba matriculado en 2022/23.

- Non ter solicitada ningunha outra axuda para o mismo fin

Poden consultarse as bases da convocatoria no seguinte enlace. A presentación de solicitudes faise vía on line a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED504B). O prazo de solicitude remata o día 13 de marzo.

CONTRATOS PROGRAMA

No IES MONELOS solicitamos neste curso 23-24 os Contratos Programa -CPInclúe- para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos. Fomos seleccionados e recibimos a cantidad de 1400€ nas modalidades de CONVIVE-T  e INCLÚE-T para traballar con alumnado de Titoría entre Iguais e con alumnado de AACC.
 
Fomos seleccionados tamén en CPInnova e recibimos a cantidade 700€ para levar adiante a actividade do horto escolar a cargo de alumnado de PDC.

APLICACIÓN PARA O ALUMNADO DE SEGUNDO DE BACHARELATO: QUE ESTUDAR E ONDE NA UNIVERSIDADE

Esta aplicación para o móbil creouse para os estudantes que queren acceder ás universidades españolas. Inclúe información que lles pode ser de utilidade no momento de decidir que titulación estudar e onde cursala.

Os datos extraéronse do Rexistro de Universidades, Centros e Títulos e do Sistema Integrado de Información Universitaria.

A información dispoñible nesta aplicación debe ser considerada exclusivamente a título informativo e orientador, tendo en conta que non ten validez oficial e por tanto non debe ser utilizada con ese carácter.

Máis información --> aquí

Aquí tedes un titorial

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25 que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpra as seguintes condicións:
• Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE).
• Residir e estar empadroado co seu pai, ou nai, ou representante legal, no momento da solicitude, no Concello da Coruña.
• Estar matriculado e cursando 4º de ESO, nun centro escolar do Concello da Coruña, no presente curso 2023-2024.
• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación media de 6 puntos ou máis, e non ter ningunha materia suspensa.
• Contar no curso de 3º da ESO, cunha cualificación de 7 puntos ou máis na materia de lingua estranxeira (inglés).

O prazo de solicitude das bolsas permanecerá aberto dende o día 23 de outubro ata o 6 de novembro, ambos incluídos.

Máis información:

Carta Bolsas USA 23-24

MATRÍCULA NAS PROBAS LIBRES DAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS

Instrución 11/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional na que regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2023/24.

Prazo de inscrición: do 2 ao 20 de outubro de 2023

Máis información: Instrución 11/2023 

 

IES MONELOS ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO

Este curso académico o noso instituto foi seleccionado como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, dentro do programa educativo que leva adiante a Dirección Xeral de Comunicación da institución.Este programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria entre os mozos e mozas, proporcionándolles un coñecemento activo da Unión Europea e do Parlamento Europeo en particular, á vez que se lle ofrece ao alumnado a oportunidade de experimentar a cidadanía europea.

A través del, a comunidade educativa do IES Monelos xunto co alumnado e diversas organizacións partícipes realizarán actividades ao longo do curso relacionadas con estas institucións, onde se traballarán os materiais proporcionados polo programa e fomentarase a creatividade dos nosos e nosas estudantes. Ademais manterase un InfoPoint físico e un InfoPoint dixital con información actualizada que presente as novidades máis relevantes para eles e os seus procesos educativos tanto do Parlamento como da UE. 

Tamén dentro das actividades que realizaremos ao longo do curso, celebraremos con toda a comunidade o Día de Europa.

É para nós un orgullo o ser seleccionados de entre todas as candidaturas españolas y europeas como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo e iniciaremos así xunto a todos vós un proxecto ilusionante que nos acompañará nesta senda de aprendizaxe sobre a realidade actual, os valores e a cidadanía europeas.

Aqueles alumnos e alumnas interesados en participar, escribide un correo cos vosos datos a: parlamentoeuropeo@iesmonelos.edu.es. Animádevos que vai ser moi interesante!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023-2024

PRIMEIRO DE ESO

SEGUNDO DE ESO

TERCEIRO DE ESO

CUARTO DE ESO

PRIMEIRO DE BACHARELATO

SEGUNDO DE BACHARELATO

Importante: Houbo un cambio no ISBN no libro de terceiro de ESO de Física e Química.

Importante: Cambios nos libros de Lingua Castelá de 2º ESO (ISBN 9788448640422) e 4º ESO (ISBN 9788448640477).

Importante: O ISBN do libro de Anatomía de Primeiro de Bacharelato cambiou porque é a edición con tapa blanda e así abarata o seu prezo pero son validos tamén os que están comprados do curso pasado.

DATAS MATRÍCULA CURSO 2023-2024

Os días asignados a cada curso para entregar o impreso de matrícula e a documentación solicitada serán os seguintes:

- 1º/2º Bacharelato: 26, 27 e 28 de xuño

- 3º/4º de ESO: 29 e 30 de xuño

- 1º/2º de ESO: 3 e 4 de xullo

- Os días 5, 6 e 7 de xullo poderanse matricular aqueles alumnos/as que non poidan formalizar a matrícula nas datas indicadas.

IMPORTANTE: para a elección de materias optativas terán prioridade os alumnos/as que se matriculen nas datas asignadas ao seu curso. As materias propias da modalidade non son consideradas materias optativas. As materias de 4 horas e a alternativa á relixión - 1 hora- deberán ser numeradas por orde de preferencia. Serán asignadas sempre que seña posible en función da dispoñibilidade de profesorado e das aulas nas que serán impartidas. No caso de que non poda ser así o alumnado será ordeado alfabéticamente comezando por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra V. Todo isto coa excepción daquelas optativas de 2º de Bacharelato que sexan continuación doutra de 1º de Bacharelato, xa que neste caso terá prioridade aquel alumno/a que a cursara en primeiro.

O HORARIO de entrega da documentación na Secretaría para todos os días será desde as

10:00 ata as 13:00 horas.

IMPRESOS: teñen que presentar o impreso de matrícula (coa documentación que especifica este) e o das autorizacións.

ESO BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA

IMPRESO AUTORIZACIÓNS

IMPRESO MATRÍCULA PRIMEIRO DE BACHARELATO

IMPRESO MATRÍCULA SEGUNDO DE BACHARELATO

IMPRESO AUTORIZACIÓNS

Distribuir contido


by Dr. Radut