Skip to Content
 

Concurso de vídeos: "Día da ciencia en Galego"

Poderá participar todo o alumnado de 3º e 4º da ESO

 

 

Bases do concurso:

 1. O concurso está organizado polo departamento de física e química do IES Monelos coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do centro. 

2. O obxectivo do concurso sensibilizar ao alumnado na inquedanza investigadora no ámbito das ciencias. Expecialmente na física e química. 

3. No concurso poderá participar o alumnado de 3º e 4º de ESO. O experimento terá carácter voluntario. 

4. A proba consistirá na elaboración dun vídeo caseiro sobre un ensaio relacionado coa materia de física e química. A exposición descriptiva terá que realizarse en lingua galega. 

5. O xurado estará formado por un representante do departamento de física e química, educación plástica e visual e o representante do equipo de dinamización da lingua galega. 

6. A entrega dos carteis realizarase antes do martes 30 de novembro. 

7. O martes 14 de decembro o xurado reunirase no 1º recreo para deliberar e outorgar os premios aos videos gañadores. 

8. Haberá un gañador e un segundo clasificado que terán premio. Os premios consistirán: • O primeiro premio dun vale de 30 € • O segundo premio dun vale de 20 € • 

9. A participación no consurso supón a aceptación destas bases.

Visita do ex-alumno Martín Gallego

O noso  ex-alumno Martín Gallego fíxonos hoxe unha visita para compartir co alumnado de primeiro de bacharelato a súa experiencia laboral en Google en Estados Unidos.

Moitas grazas.

Convocatoria 22-23 das becas da Fundación Amancio Ortega

Inscripcions ONLINE

Páxina web: https://becas.faortega.org

Do 27 de setembro ao 27 de outubro de 2021.

Máis información aquí

PREMIOS EXTRORDINARIOS BACHARELATO CURSO 20-21

Parabens á nosa alumna JULIA GARCÍA  COUCE pola obtención do Premio Extraordinario de Bacharelato correspondente ao curso académico 20-21.

Por aquí deixámosvos unha entrevista que se lle fixo a finais do curso pasado pola obtención de matrícula de honra no bacharelato: aquí

Mural pola igualdade e a diversidade

Mural feito polo alumnado de terceiro de ESO

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

 

- PRIMEIRO DE ESO

- SEGUNDO DE ESO

- TERCEIRO DE ESO

- CUARTO DE ESO

- PRIMEIRO DE BACHARELATO

- SEGUNDO DE BACHARELATO

* IMPORTANTE:

Aqueles alumnos que se matriculen en 4º de ESO na materia de "Latín" que NON merquen o libro que se indica na listaxe.

O diccionario de inglés de Primeiro de Bacharelato ten que ser a terceira edición.

Libro de lingua galega de 1º de ESO, o ISBN correcto é: 9788499148854

Hoxe poño a miña lingua!

Xa chega o verán e non sei que poñer.

Que poñerei hoxe? Hoxe poño a miña lingua!

Presentámosvos este proxecto interdisciplinar coordinado polo EDLG do IES Monelos e no que participan os Departamentos de Inglés, Lingua Galega e Tecnoloxía, coa colaboración de Vicedirección. Moitos dos alumnos e profesores deste centro usan camisetas e suadoiros con frases escritas en inglés e pensamos…

Que tal se lle damos unha volta a isto e vemos como soarían estas frases na nosa lingua, o galego? Ou mellor…

Que tal soarían nas linguas autonómicas, catalán, éuscaro e galego?

E se usamos a moda para poñer en valor as nosas linguas autóctonas?

Así que nos puxemos mans á obra para facer un proxecto no que integrar esta industria coas linguas e este é o resultado. Contamos coa participación do alumnado do IES Monelos que aportou as camisetas e participou na tradución dos textos ao galego e tamén co alumnado do IES Urbi de Basauri (Biscaia) e do IES Son Rullan de Palma de Mallorca (Baleares), que participaron nas traducións ao éuscaro e catalán respectivamente. Ademais tivemos a colaboración de Teo, na súa primeira tarefa escolar.

Pasa o rato polo collage para ver o resultado do traballo. Quedarás abraiado!

Este proxecto non rematou…ten outra fase máis da que vos iremos informando.

Grazas a todas e todos por participar!

PIRAGÜISMO 1º DE BACHARELATO

Actividade de piragüismo organizada polo Departamento de Educación Física

na ría de Betanzos (Pontedeume)

Resumo Graduación 2021

RESUMO DA CELEBRACIÓN DA CERIMONIA DE GRADUACIÓN DOS ALUMNOS DE SEGUNDO DE BACHARELATO

BACHARELATO DE CIENCIAS

BACHARELATO DE CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES

Camiño Solidario

 3º ESO de PMAR remata o seu camiño solidario en Santiago. O realiza o 26 de maio de 2021 despois dun curso cheo de tarefas e cousas aprendidas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut