Skip to Content
 

Concurso Camiño Solidario

 

CONCURSO CAMIÑO SOLIDARIO

O EDLG do IES Monelos organiza un concurso a través do programa Pasaporte solidario dirixido a todo o alumnado do centro que desexe participar.

Este concurso está relacionado coa celebración Xacobeo durante este ano. Aproveitando, por outro lado, que o día 31 de xaneiro celébrase o día da Solidariedade, preténdese reflectir este tipo de valor fundamental.

O Certame Cancións no Camiño estará centrado polo tanto no tema  A solidariedade no Camiño de Santiago.

 BASES


1.    Dirixido a todo o alumnado do centro, establecéndose dúas categorías:


   A. De 1º a 3º da ESO.

 

   B. De 4º de ESO a 2º BAC.


 2. As letras das cancións deberán estar escritas en lingua galega e ser orixinais.

 

3. Haberá un premio por valor de 50 € por cada categoría.

4. A data límite de entrega é o 29 de xaneiro.

5. Os traballos premiados daranse a coñecer o 2 de febreiro, día

da Candeloria.

Unitour - Salón de orientación universitaria - 14 de xaneiro

UNITOUR  (SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA)

Data •• xoves, 14  de xaneiro de 2021

Lugar •• PAZO DE CONGRESOS PALEXCO. Muelle de Transatlánticos, s/n

Horario •• de 15:30 a 16:30 ou de 16:30 a 18:00

Rexistro Obrigatorio en •• https://www.unitour.es/inscripcion-online/la-coruna. Para cumprir cos requisitos de aforo do recinto debe seleccionar no apartado “seleccione su acceso al evento”, unha das dúas franxas horarias (de 15:30 a 16:30 ou de 16:30 a 18:00).

Nesta edición, e pola seguridade de todos, conta con todas as medidas e recomendacións de seguridade e hixiene para facer de UNITOUR un evento seguro:

- Uso obrigatorio da máscara

- Xel e control de temperatura

- Rexistro obrigatorio a calquer asistente (alumn@s/familiares/docentes)

- Aforo limitado con control de acceso mediante QR

Detalle das medidas de seguridade e hixiene en https://www.unitour.es/Protocolo-COVID.pdf

Centros Participantes:

Centro Universitario de Artes TAI 

CESUGA - Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia 

CUNEF 

ESADE Business & Law School 

ESIC Business & Marketing School 

ESNE - Escuela Universitaria de Diseño, Innovación y Tecnología 

IEB 

IESIDE - Instituto de Educación Superior Intercontinental de la Empresa 

Resa, Residencias Universitarias 

U-tad Centro Universitario de Tecnología y Arte Digital 

UIC Barcelona 

Universidad Camilo José Cela 

Universidad Complutense de Madrid 

Universidad de Navarra 

Universidad Europea (Campus de Madrid) 

Universidad Pontificia Comillas 

Universidade da Coruña 

Universidade de Santiago de Compostela 

Universidade de Vigo

Estrea da película no instituto: "Qu'est-ce qu'on a encore fait au bon Dieu?" en versión orixinal subtitulada ao galego

 O EDLG do IES Monelos en colaboración co departamento de francés realizou durante o curso curso 2019-2020 o subtitulado da película en francés "Qu'est-ce qu'on a encore fait au bon Dieu?".

O último día do curso teremos a súa estrea nas aulas do centro.

Ficha técnica:

 

Título orixinal

 

Director

 

Actores principais

 

País

 

Xénero

 

Ano

Qu'est-ce qu'on a encore fait au bon Dieu?

 

Philippe de Chauveron

 

Christian Clavier, Chantal Lauby, Émilie Caen, Fréderic Chau, Frédérique Bel

Francia

 

Comedia

 

2019

 

 

Sinopse:

Claude Verneuil, un notario gaullista, e a súa esposa Marie, son burgueses católicos residentes en Chinon, Francia, e pais de catro fillas: Isabelle, Odile, Ségolene e Laure. As tres primeiras fillas casáronse con descendentes de inmigrantes en Francia e de diferentes orixes étnicas e relixións: Isabelle, avogada, está casada con Rachid Ben Assem, alxerino, musulmán e tamén avogado. Odile, dentista, está casada con David Benichou, un empresario actualmente desempregado e xudeu sefardí. Ségolene, quen é artista plástica, está casada con Chao Ling, un banqueiro chinés e budista.

A Vernuil, Claude e Marie non lles quedou outra senón aceptar que ningún dos catro noivos das súas fillas sexa francés, branco e cristián. Nesta segunda entrega, secuela de 'Deus meu, pero que che fixemos?', a paciencia do matrimonio protagonista ten que volver poñerse a proba cando Claude e Marie decátanse de que as súas catro fillas decidiron abandonar o país no que naceron, Francia, para irse a vivir aos respectivos países das súas parellas David, Rachid, Chao e Charles. A todo este conflito hai que sumar que unha delas está embarazada e a piques de dar a luz. Claude desexa con ansias que o seu neto salga do ventre sendo branco, pero isto non parece moi seguro. Esta segunda parte está dirixida por Philippe de Chauveron. A repartición orixinal da película volve para esta segunda, con Christian Clavier como Claude á cabeza, ao que se une Chantal Lauby no papel da súa muller Marie. Ary Abittan, Medi Sadoun, Frédéric Chau e Noom Diawara volven interpretar ás parellas das súas fillas David, Rachim, Chao e Charles, respectivamente, e Frédérique Bel, Julia Piaton, *Élodie Fontan e *Émilie Caen retoman os seus papeis como Isabelle, Odile, Ségolène e Laure, as fillas do matrimonio que xa desafiaron na primeira e exitosa entrega da película aos seus pais e as súas ideas.

Celebramos os vinte!

 Este ano que parece que ten pouco que celebrar conmemóranse varios acontecementos en relación a lingua e a cultura galega: 

a) O ano de Carvalho Calero. 

b) Os vinte anos do Correlingua. 

c) O centenario da Xeración Nós. 

O alumnado de 4º ESO do IES Monelos sumouse a festa coa pretensión de que o noso idioma siga a ser unha lingua viva e non unha peza de museo.

Mascarillas para alumnado de ESO

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

 Cursos: Todos os cursos de ESO.

 Normativa: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)

 Requisitos:

 1. Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar

 ou

 2. Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

    1. Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.

    2. Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 Prazos: Solicitude ata o 27 de novembro.

 Procedemento: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que non solicitaron o cheque pero tiñan dereito á axuda (punto 2) deberán cubrir a solicitude e entregala nas oficinas do centro.

 Solicitudes: Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.

Calendarios de exames

Calendario de exames

No menú Curso 2020-2021 están colgados os calendarios de exames para que os alumnos e as súas familias poidan consultar as datas para cada asignatura.

Modelos exames ABAU 2021

A  CIUGA acaba de colgar na súa páxina web os modelos de exame para a convocatoria de 2021.

(preme na imaxe)

Petición de libros da Biblioteca


Formulario petición libros da biblioteca

Despois dun inicio de curso cheo de incertezas, dende a biblioteca do IES Monelos seguimos a pensar na comunidade escolar. Iniciamos o camiño, neste ano académico 2020-21, con novos proxectos en mente e un novo xeito de reservar as peticións dos nosos lectores. Aquí tedes esta ligazón: https://forms.gle/ZCxxHX69YLaiAWnT6

As vosas peticións serán atendidas en canto cubrades os datos do formulario que se despregará ao premer na ligazón . Os alumnos poderán facer uso dos libros durante 15 días, ao remate dos cales, deberán devolvelos en perfecto estado. En caso de non devolvelos en prazo, o alumno non poderá levar outros libros durante ese trimestre.

Desexamos un ano cheo de ilusións por aprender e disfrutar das lecturas!

Distribuir contido


by Dr. Radut