Skip to Content
 

Mascarillas para alumnado de ESO

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado.

 Cursos: Todos os cursos de ESO.

 Normativa: Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG do 13 de novembro)

 Requisitos:

 1. Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar

 ou

 2. Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:

    1. Pertenza a familias cunha renda per cápita, no ano 2018, igual ou inferior a 6.000 €.

    2. Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

 Prazos: Solicitude ata o 27 de novembro.

 Procedemento: Os beneficiarios do cheque de material non terán que facer nada. Os que non solicitaron o cheque pero tiñan dereito á axuda (punto 2) deberán cubrir a solicitude e entregala nas oficinas do centro.

 Solicitudes: Na seguinte ligazón pode descargar o impreso para cubrir a solicitude. Tamén se pode recoller no centro.

Calendarios de exames

Calendario de exames

No menú Curso 2020-2021 están colgados os calendarios de exames para que os alumnos e as súas familias poidan consultar as datas para cada asignatura.

Modelos exames ABAU 2021

A  CIUGA acaba de colgar na súa páxina web os modelos de exame para a convocatoria de 2021.

(preme na imaxe)

Petición de libros da Biblioteca


Formulario petición libros da biblioteca

Despois dun inicio de curso cheo de incertezas, dende a biblioteca do IES Monelos seguimos a pensar na comunidade escolar. Iniciamos o camiño, neste ano académico 2020-21, con novos proxectos en mente e un novo xeito de reservar as peticións dos nosos lectores. Aquí tedes esta ligazón: https://forms.gle/ZCxxHX69YLaiAWnT6

As vosas peticións serán atendidas en canto cubrades os datos do formulario que se despregará ao premer na ligazón . Os alumnos poderán facer uso dos libros durante 15 días, ao remate dos cales, deberán devolvelos en perfecto estado. En caso de non devolvelos en prazo, o alumno non poderá levar outros libros durante ese trimestre.

Desexamos un ano cheo de ilusións por aprender e disfrutar das lecturas!

Horarios definitivos curso 2020-2021

Horarios definitivos para o curso 2020-2021 que se aplicarán a partir do próximo martes:

ESO

Bacharelato

Datas e horario reunións de titores con familias

As datas das reunións cos titores son as que aparecen aquí

É importante que se cumpran  as seguintes instrucións para o acceso ao centro:

- Só poderá asistir á reunión un membro da unidade familiar

- As reunións faranse en diferentes quendas e entrarase ao centro nas horas habilitadas para cada grupo de pais. Rogamos sexan puntuais.

As reunións celebraranse nas aulas de cada grupo. As entradas faranse polas portas que lle corresponda a cada aula aquí.

- Deberase levar máscara en todo momento.

Horarios de grupos e listaxes de alumnado

Horarios de ESO e Bacharelato. 2ª versión

Na seguinte ligazón teñen a distribución dos alumnos por grupos: aquí

Saúdos e bo comezo de curso.

Protocolo Covid19

Como entrar por primeira vez na Aula Virtual

Instrucións para a entrada por primeira vez aquí

Vídeo explicativo aquí

Instruccións para a matriculación nun curso aquí

Vídeo explicativo aquí

ABALAR MÓBIL

Neste curso escolar que comeza é máis necesario que nunca que as familias teñan feito o seu rexistro en ABALAR. Nesta ligazón (aquí) tedes a forma de descargarvos a aplicación no móbil tanto para o sistema operativo Android como para  iOS.

Para o comezo de curso colgaremos os horarios das presentacións por curso e grupo e será a través deste sistema onde poderedes recibir información relativa a en que grupo atópase o voso fillo. Ademais, as familias que descarguen  abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais

• Consultar as cualificacións

• Consultar e xustificar as faltas de asistencia

• Consultar as faltas de  conduta

• Solicitar unha cita de titoría

• Consultar os datos do centro educativo

• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo

• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

• Acceder á mensaxería de  abalarMóbil, que é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e  os responsables do alumnado, ou entre o profesorado e este.

Na seguinte ligazón tedes un manual para que poidades ver como funciona a aplicación. (aquí)

Distribuir contido


by Dr. Radut