Skip to Content

 

Pais/Nais

Clases de guitarra

Presentación ANPA RAIOLA .Curso 2014-15

 

Estimados pais e nais:

 

Aproveitamos esta oportunidade que se nos ofrece para saudarvos e para darnos a coñecer aos novos e non tan novos pais e nais de este instituto.

 

En primeiro lugar, queremos agradecer a vosa activa participación no banco de libros, proxecto que sen vos non se podería levar a cabo.

 

¿QUÉ FACEMOS AQUÍ?

 

Como membros da xunta directiva, comprometémonos a representarvos o mellor que poidamos e a mantervos informados de todas as novidades que poidan xurdir ó longo do curso 2014-2015.

 

Co obxectivo de favorecer e mellorar a formación dos nosos fillos, a través do Concello e xestionado pola Federación Provincial de Centros Públicos, ofrecemos o Programa “Deporte no centro”, que comprende as seguintes actividades: Xadrez, ximnasia rítmica, Fútbol sala, aeróbic, baloncesto, voleibol, balonmán...

É preciso que as inscricións se fagan no mes de setembro, coa condición indispensable de que cada grupo sexa como mínimo de 15 alumnos.

Por outro lado, tamén se ofrece a posibilidade de participar na actividade de guitarra e de inglés Trinity, que comezarán a principios de outubro e polo que a prescrición tamén se deberá facer en setembro.

En setembro, teredes esta información mais ampliada, tanto no referente a prazos como a prezos por actividade.

 

¿CÓMO POIDO FACERME SOCIO?

 

Todos aqueles pais e nais que desexen facerse socios, deberán ingresar unha cuota anual de 12 € por familia. Poderase efectuar directamente no noso local do ANPA ou ben facer o ingreso en conta bancaria, sendo imprescindible ser socio do ANPA para participar nas actividades.

 

¿POR QUÉ NON TE APUNTAS Ó ANPA?

 

Este será o terceiro ano desta xunta directiva e, ademáis de ser poucos, convén que se fagan novas incorporacións, con novas ideas para levar a cabo e con ganas de que esto siga funcionando e mellorando. Unha asociación sen socios non funciona, pero unha asociación na que os socios se limitan a pagar a cuota tampouco é ideal. Non é o mesmo ser socio que participar. Comprometerse é necesario.

 

Para contactar con nos, podedes dirixirvos a padresraiola@hotmail.com ou directamente no local do ANPA, todos os martes de 16:30 a 18:00.

 

Un cordial saúdo

 

A Coruña, xuño de 2014

 

Asociación de pais/nais de alumnos do IES Monelos

 

Contacto:

No local da APA, os martes de 16:30 a 18:30 h.

No email padresraiola@hotmail.com

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut