portada30

Bioloxía e Xeoloxía

O Proxecto Comenius chegou ao seu final no IES de Sar.

Neste mes de xullo ven de rematar o Proxecto Comenius "Biodiversity of Rivers" que durante dous anos, 2013-2015, se desenvolveu no IES de Sar, que colaborou con outros seis centros de diferentes países de Europa. Co pretexto do estudo mediambiental da gran biodiversidad presente nos ríos, especialmente en Galicia, o alumnado e profesorado participante, puido desenvolver numerosos traballos e vivir magníficas experiencias que foron un espazo de enriquecemento persoal grazas sobre todo ao intercambio culturasl entre tantas culturas e pobos diferentes. O proxecto foi unha constante fonte de fomento de capacidades dos participantes, tales como a Lingüística, o manexo de novas tecnoloxías, as Ciencias Sociais, as capacidades artísticas, a capacidade tecnolóxica e, como non, a capacidade de obsercación da natureza e o fomento da convervación do medio ambiente. O proxecto realizouse grazas á participación de numeros@s alumn@sm profesor@s, e as familias do alumnado participante. Queremos dar as grazas a toda a comunidade educativa do IES de Sar por facilitar a realización deste proxecto, e confiamos que outros poidan continuar a facilitar ese gran obxectivo, como é o enriquecemento persoal grazas especialmente ao intercambio cultural.

- Para ver as numerosas actividades realizadas no IES de Sar no marco deste proxecto, pódese ver esta ligazón (clic)

- Para ver a páxina oficial do proxecto, visitar esta ligazón (clic)

- Nesta ligazón, pódese ver un vídeo cunha moi breve sinopse das viaxes e actividades realizadas (clic)

Proxecto Voz Natura: Un horto escolar no IES de Sar

O alumnado de 2º curso da ESO desenvolveron as tarefas dun horto escolar baixo a coordinación da profesora María del Carmen Quintatilla Louzao e do profesor Pablo Gómez Segade. Tamén colaborarou en tarefas colaterais nos xardíns do centro o alumnado de Ámbito Científico de 3º curso da ESO. Para ver un resumo das actividades realizadas, presentamos este vídeo (clic). A fundación Santiago Rey Fernández-LaTorre de Coruña financiou as zonas de rego automático ademais de parte das especies plantadas nos xardíns do centro. A dirección do centro tamén proporcionou importante axuda económica para levar a cabo as tarefas e poder obter así un resultado que mereceu as felicitacións da fundación, polo que xa temos asegurado a continuidade do proxecto para o curso vindeiro.

Viaxe a Breslavia (Polonia) dentro do proxecto Comenius “Biodiversity of rivers” Días: Do 30 de maio ao 5 de xuño

Nome da actividade: Viaxe a Breslavia (Wroclaw) en Polonia dentro do proxecto Comenius “Biodiversity of rivers”  Días:  Do 30 de maio ao 5 de xuño

Saída ao río Sar: estudo da macrofauna. 17 de marzo

Nome da actividade: Saída ao río Sar: estudo da macrofauna

Días e horas: martes 17 de marzo, de 9:40 a 13:40

Grupos: 2º Bach C (só alumnado de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente). Lugar: Santiago. Profesores acompañantes:  Pablo Gómez Segade

Reunión de traballo en Póvoa de Lanhoso (Braga) no marco do Proxecto Comenius “Biodiversity of Rivers”

Nome da actividade: Reunión de traballo en Póvoa de Lanhoso (Braga) no marco do Proxecto Comenius “Biodiversity of Rivers”

Días e horas:

Martes 3 (tarde) ata o sábado 7 de marzo

Grupos:

Marina Rivas, Andrea Domínguez e Florencia Lago, de 4º ESO A

Lugar: Portugal

Estudo medioambiental do río Sar. 23 de febreiro.

Nome da actividade: Estudo medioambiental do río Sar

Día e hora: 23 de febreiro de 9:00 a 14:30.

Grupos: Div-I e alumnado de 4º ESO de Bioloxía- Xeoloxía

Lugar: Santiago

 

Charla “Investigar con virus” dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”. 16 de xaneiro de 2015.

Nome da actividade: Charla “Investigar con virus” dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”

Día e hora: venres 16 de xaneiro de 12:50 a 13:40h aprox.

Grupos: 1º Bach C e 2º Bach C

Lugar: Salón de actos

Profesor:  Jesús García

Visita ao parque natural das Fragas do Eume. 16 de outubro.

Nome da actividade: Visita ao parque natural das Fragas do Eume

Día e hora: xoves 16 de outubro de  9:00 -14:30h

Grupos: 1º Bach A e  B

Lugar: Ribeiras do Eume preto de Pontedeume, prov. A Coruña

Visita ao campus e Alameda para o estudo das especies máis representativas do seu arborado. 3 de outubro.

Visita ao campus e Alameda para o estudo das especies máis representativas do seu arborado.

Alumnado: Ámbito Científico de terceiro ESO.

Profesor acompañante: Pablo Gómez Seagde

Data e hora: Día 3 de outubro, de 12:30 a 14:30.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer