portada30

Bioloxía e Xeoloxía

3ª Saída do proxecto Voz Natura

Mañá martes 17 de abril, de 12:30 a 14:30 horas, os grupos de 4º ESO (alumnado de Ciencias Aplicadas), 1º Bacharelato(alumnado de Cultura Científica) e 2º Bacharelato ( alumnado de CCTT e Ma) sairán as Brañas do Sar.

Concurso Mulleres con Ciencia

Esta é a clasificación final do I concurso de "Mulleres con Ciencia" que se viu desenvolvendo ao longo do segundo trimestre no IES de Sar. A entrega de premios levarase a cabo a volta de vacacións de Semana Santa.

Noraboa as gañadora!!!!!!

Para ver mellor as imaxes premer sobre elas

Feira de Minerais de Área Central

O vindeiro venres 2 de marzo o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía levará  todo o alumnado de 1º ESO  e  o alumnado de 4º ESO (da materia de Bioloxía e Xeoloxía ou Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional), a visitar a Feira de Minerais de Área Central. Sairán ás 09:40 e voltarán ás 12:40 horas.

Concurso Mulleres con Ciencia

Álbum coas fotos dos traballos; cada semana iráse actualizando, Nova actualización

 

Mulleres con Ciencia

Concurso Mulleres con Ciencia

Os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e o departamento de  Física e Química  de coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüistica organizan este concurso co obxectivo de  poñer en valor o extraordinario papel das mulleres científicas ao longo da historia.Para consultar as bases do concurso premer aquí

Proxecto Voz Natura

O alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e 1º Bacharelato, e o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 2º Bacharelato sairán o vindeiro 20 de febreiro dende as 8:50 ata as 12:30 horas polo barrio de Sar.

Proxecto Voz Natura

O martes 20 decembro de 9:30 a 12:30 horas, o alumnado de Cultura Científica de 4º ESO e o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º Bacharelato C participarán no barrio de Sar na actividade de recollida e análise das augas das fontes de Sar, actividade dentro de¡o Proxecto Natura "A potabilidade das augas das fontes do barrio de Sar".

Visita ás estacións Depuradora e Potabilizadora de auga de Santiago

Visita ás estacións Depuradora de augas residuais de Aríns e Potabilizadora de auga potable do Tambre de Santiago o vindeiro  luns 11 de abril de 2016, de 9:00 a 12:40 h. Nesta actividade participarán os grupos de 3º ESO, 4º ESO (só alumnado de Bioloxía e Xeoloxía) e Diver II, e 2º Bacharelato de Ciencias (só alumnado de Bioloxía e CTMA). Estarán acompañados polos profesores Leopoldo Bahillo Varela e Pablo Gómez Segade . Está organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Saída para visitar o Centro de Investigación Agraria de Sergude.

 

 

 

Data e hora: 11 de novembro, mércores. Saise ás 9:30 h para regresar ás 14:30 h.

Alumnado participante: Primeiro e segundo da ESO.     Profesorado participante do Dpto. de Bioloxía e Xeoloxía: Carmen Quintanilla Louzao, Pablo Gómez Segade.

Obxectivos didácticos da visita: 

> Achegar a natureza aos alumn@s participantes, moitos deles totalmente  axenos ao campo e actividades agrícola-gandeiras. 

> Coñecer as principais liñas de investigación do centro de Sergude. 

> Coñecer os estudos que habilitaan para adquirir coñecementos nas técnicas agrícola-gandeiras. 

> Fomentar o respecto polo medio ambiente así como dos usos sostibles das explotacións agrícolas e forestais. 

> Coñecer as ideas máis básicas sobre productos fitosanitarios: os perigos que conlevan e as precaucións no uso dos que están permitidos pola lexislación actual. 

> Coñecer as técnicas de cultivo que evitan a erosión do solo. 

> Fomentar o cultivo das especies forestais autóctonas e as técnicas sobre unha producción forestal productiva e sostible medioambientalmente: concepto de ecoetiqueta. 

> Achegamento aos animais tanto nos establos como no hábital natural do monte.

Programación didáctica das materias impartidas polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Curso 2015-16

Programación didáctica das materias impartidas polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía para o curso 2015-16 (clic)

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer