No concurso para o deseño da "imaxe" para o curso escolar 2011-2012 convocado pola Universidade de Santiago de Compostela foron gañadoras as alumnas do IES de Sar:
- 1º Premio, Nerea Vázquez Lameiro
- 2º Premio, Judith Rozas
O deseño que gañou o primeiro premio plasmouse na portada da carpeta que a USC regalou a cada alumn@ matriculado nela no presente curso escolar.
Obras do alumnado do bacharelato de Artes ao fin do curso 2010-2011:
- 2011 xuño Altorrelevos en barro de rostros humanos realizados por alumnado de 1º de bacharelato de artes na asignatura de Volume baixo a dirección da profesora Maria Soledad Barral Ameigeiras (fai click aquí ou na galería flickr).
Este álbum presenta otras realizadas só con papel tentando representar a profundidade e o xogo de sombras en diferentes obxectos. Os alumnos e alumnas do primeiro curso do bacharelato de Artes Plásticas do IES de Sar de Santiago de Compostela amosan a súa pericia neste campo baixo a dirección da profesora da asigantura de Volume María Soledad Barral Ameigeiras.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer