portada30

Debuxo

Mesa Redonda "Opcións académicas do Bacharelato de Arte"

O xoves 5 de abril haberá no Salón de Actos do instituto unha mesa redonda sobre as opcións académicas do alumnado de Bacharelato. Asistirán o alumnado de 1º e 2º  Bacharelato de Artes.

Nesta mesa redonda participarán:

  • Escola de Arte Mestre Mateo
  • Escola de Arte Pablo Picasso
  • Escola de Restauración de Bens Culturais
  • Escola Superior de Arte Dramático

Visita exposición Mestre Mateo

O alumnado de 1º Bacharelato de Artes visitarán a exposición Mestre Mateo no Pazo de Xelmírez. O grupo de 1º B irá o martes 6 de febreiro ás 16:50 horas e o grupo de 1ºA irá o xoves 8 ás 12:30 horas.

Conferencia " La huerta de Simón"

O vindeiro 13 de novembro o alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Artes asistirán, no Salón de Actos de 10:50 a  12:30 horas,  a unha coferencia organizada polo departamento de Debuxo co título  "La huerta de Simón" impartida por Rocío Soledad Alejandro autora da obra gañadora do " X premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados".

 

Ilustración a partir dunha mancha aleatoria

No seguinte álbum poden verse as obras realizadas polo alumnado de 2º Bacharelato de Artes, expostas nos corredores do centro

 

Ilustración a partir dunha mancha aleatoria

Reinterpretación de portadas de videoxogos 2º Bacharelato de Artes

A seguinte galería de imaxes mostra os traballos do alumnado de 2º Bacharelato de  Artes que estos días podese ver no centro. Este traballo é a reinterpretación de portadas de videoxogos coas liñas e as franxas como elementos ilustrativos.

Para ver a galería premer sobre a imaxe

Portadas de videoxogos

Reinterpretación de portadas de Cds musicais 2º Bacharelato de Artes

Reinterpretación de Cds musicais co punto e a circunferencia como elementos ilustrativos

Para acceder á galería premer sobre a imaxe

Cds musicais

Conferencia informativas Escolas Superiores

O vindeiro  xoves 6 de abril no Salón de Actos de 10:50 a 12:30 horas o alumnado de 1º e 2º Bacharelato de Artes asistirá a unha conferencia informativa sobre as Escolas Superiores:

  • Mestre Mateo (Santiago)
  • Pablo Picasso ( A Coruña)
  • Restauración ( Pontevedra)
  • Arte Dramático (Vigo)

Día Mundial da Poesía

O día 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. Na seguinte galería amósase o traballo dos alumnos e alumnas de 2º Bacharelato na asignatura de Técnicas Gráfico Plásticas. É un homenaxe a Antón de Avilés de Taramancos

Antón Avilés de Taramancos

Conferencia "Unha última carta"

O vindeiro xoves 10 de novembro de 10:50 a 12:30 horas os alumnos e alumnas de 1º e 2º Bacharelato A e B asistirán a unha conferencia "Unha última carta" organizada polo departamento de debuxo no salón de actos.

Os autores desta conferencia son Anthonis Papatheodoulou e Iris Samartzi. Obra gañadora do IX Premio  Internacional Compostela de Albums Ilustrados.

Exposición final de curso do alumnado de Bacharelato de Artes. Xuño 2016.

Exposición final de curso do alumnado de Bacharelato de Artes. xuño 2016

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer