portada30

Dous novos premios para o IES de SAR.

DOUS NOVOS PREMIOS PARA O IES DE SAR.

1.III Concurso de Comunicación Científica del IGFAE.

O IES de SAR obtivo o  primeiro premio como gañador da categoría “experimentos” . O traballo galardonado foi  “Medindo a radiactividade do radón no noso instituto”.

Enlace web do IGAFE

 

2.Premio Luis Freire de Investigación Científica na Escola.

O IES de Sar foi seleccionado como finalista entre centros de propostas e proxectos entregados, quedando entre os tres primeiros (xa que non se poido realizar a final polo COVID-19).

 premio freire

 

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado na ESO

No seguinte documento poderán consultar toda a información para o reparto de mascarillas.  O prazo para presentar as solicitudes será de diez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (venres 13 de novembro).

 

 

 

1º Premio para o IES de SAR no II Concurso de Comunicacións Científicas IGFAE

O IES de SAR gaña o 1º Premio do II Certame de Comunicacións Científicas do Instituto Galego de Altas Enerxías co traballo "Medindo a  radiactividade do  Radón no noso instituto". Este e traballo foi dirixido polos profesores do departamento de Física no curso 2019/20, Ramón Cid e Isaac Valiña. Noraboa a todos e todas os que participararon neste traballo 

                                 

Premio Voz Natura 2020 para o IES de Sar

O IES de SAR gaña o concurso VOZ NATURA do 2020 na provincia de A Coruña

O Comité Científico do Programa VOZ NATURA acordou, en reunión celebrada o día 27 de outubro, conceder o Premio provincia de A Coruña do programa de educación medioambiental Voz Natura, curso 2019/2020, ao centro polo traballo realizado baixo o título: Estudos ambientais no entorno das Brañas de Sar.

Este traballo foi realizado polo alumnado de Bioloxía dirixido polos profesores do departamento: Leopoldo Bahillo e Mª Carmen García e coa colaboración do departamento de Física e Química.

NORABOA!!!!

NOTA ACLARATORIA sobre as CORENTENAS COVID

Aula Virtual no móbil

Para facilitar o acceso á aula virtual podedes descargar a aplicación no móbil. Na seguinte imaxe están explicados os pasos que se deben dar:

 

Eleccións ao Consello Escolar

O sorteo para a elección dos membros titulares e suplentes da Xunta electoral que se ía celebrar  o día 23 de outrubro queda anulado, xa que todo o proceso de renovación dos membros do Consello Escolar queda adiado según a seguinte ressolución:

 

Resolución do 22 de outubro de 2020 de adiamento da renovación de consellos escolares (proximamente no DOG)

Plan de Continxencia do IES de SAR

No seguinte documento poderán consultar o Plan de Continxencia do IES de SAR

IES de SAR CENTRO E-DIXGAL

Neste curso 20-21 o Instituto participa no proxecto E-Dixgal, polo tanto o alumnado de 1ºESO terá un ordenador persoal que será a sua ferramenta básica de traballo.

Folleto de información: Información para as familias

Máis información:(preme na imaxe)

 

Lixtaxe definitiva fondo de libros e transporte

-As listaxes definitivas do fondo de libros e do transporte escolar están expostos no taboleiro de anuncios do centro

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer