Os patróns para construílos proceden da páxina web de Ole Arntzen (Universetetet i Bergen, Noruega), a quen agradecemos o seu traballo e a súa xenerosidade.
Podes construír dous modelos de calendarios:

Dodecaedro regular
|

Dodecaedro rómbico
|
Dodecaedro regular:
1) Descarga o arquivo deskcal-gl-2017m.pdf
Isto pódelo facer aquí mesmo, deskcal-gl-2017m.pdf, ou na páxina web de Ole Arntzen. Na páxina de Ole Arntzen tamén o podes descargar noutros idiomas.
2) Imprime o arquivo nunha cartolina A4
3) Recorta as lineas continuas e dobra as liñas punteadas. Móntao e pega por dentro as pestanas.

Rombododecaedro, ou dodecaedro rómbico:
A construción deste calendario faise por módulos, cada mes un módulo, que encaixan e forman o dodecaedro.
Poderás elixir entre dous tamaños, un máis grande no que cada módulo se fai nunha folla de papel A4, e outro máis pequeno no que cada módulo sae dun papel A5.
1) Para o modelo grande podes descargar o arquivo rhombcal-gl-2017m.pdf.
Isto pódelo facer aquí mesmo, rhombcal-gl-2017m.pdf, ou na páxina web de Ole Arntzen. Na páxina de Ole Arntzen tamén o podes descargar noutros idiomas.
Para o modelo pequeno descarga o arquivo Calendario2017_A5.pdf
2) Imprime o arquivo en papel.
Se o que queres é o dodecaedro pequeno, despois de imprimir, terás que dobrar pola metade e cortar para obter os A5 e facer os módulos.

3) As instrucións para dobrar os módulos e montar o dodecaedro atoparalas na páxina web de Ole Arntzen.