Skip to Content

Calendarios do ano 2017 en dodecaedros

 

Os patróns para construílos proceden da páxina web de Ole Arntzen (Universetetet i Bergen, Noruega), a quen agradecemos o seu traballo e a súa xenerosidade. 

 

Podes construír dous modelos de calendarios:

 

Dodecaedro regular

Dodecaedro rómbico

 

Dodecaedro regular: 

1) Descarga o arquivo deskcal-gl-2017m.pdf

Isto pódelo facer aquí mesmo, deskcal-gl-2017m.pdf, ou na páxina web de  Ole Arntzen. Na páxina de  Ole Arntzen tamén o podes descargar noutros idiomas.

2) Imprime o arquivo nunha cartolina A4

3) Recorta as lineas continuas e dobra as liñas punteadas. Móntao e pega por dentro as pestanas.

Rombododecaedro, ou dodecaedro rómbico:  

A construción deste calendario faise por módulos, cada mes un módulo, que encaixan e forman o dodecaedro. 

Poderás elixir entre dous tamaños, un máis grande no que cada módulo se fai nunha folla de papel A4, e outro máis pequeno no que cada módulo sae dun papel A5.

1) Para o modelo grande podes descargar o arquivo rhombcal-gl-2017m.pdf.

Isto pódelo facer aquí mesmo, rhombcal-gl-2017m.pdf, ou na páxina web de  Ole Arntzen. Na páxina de  Ole Arntzen tamén o podes descargar noutros idiomas.

Para o modelo pequeno descarga o arquivo Calendario2017_A5.pdf

2)  Imprime o arquivo en papel. 

 

Se o que queres é o dodecaedro pequeno, despois de imprimir, terás que dobrar pola metade e cortar para obter os A5 e facer os módulos.

3) As instrucións para dobrar os módulos e montar o dodecaedro atoparalas na páxina web de  Ole Arntzen.

 

 

 



page | by Dr. Radut