Skip to Content

Cultura tradicional

Os maios

Prepárate para celebrar a  chegada da primavera e participa na elaboración do noso  florido "maio" . Tamén podes vir recitar as túas satíricas coplas.

Coa chegada do mes de maio, os “maios” saen ás rúas das nosas vilas e cidades.

 A "festa dos maios"  é unha das manifestacións máis antigas da cultura popular. Os "maios" son  figuras de madeira, adobiadas de follas, flores e froitos que celebran o final do inverno e a chegada da primavera.

Nas “Festas dos Maios” estas construcións, normalmente cónicas, desfilan polas rúas ó tempo  que se recitan coplas, breves composicións xeralmente de carácter satírico e crítico coa actualidade. Entóanse acompañadas do ritmo de dous paus (a forma máis tradicional) e  doutros instrumentos ou do son de elementos típicos galegos, como as cunchas de vieira.

Non hai “maios” sen coplas.

Poden ser alegres e primaverais,  ou , as máis habituais, críticas e satíricas, sobre temas e personaxes de actualidade.

CONCURSO DE COPLAS

1. Poderá participar  calquera membro da comunidade educativa do IES David Buján..

2. Cada participante comporá tres coplas, como mínimo coas seguintes características:

  • estrofas de catro versos de arte menor con rima  nos pares e poden  quedar soltos os impares.
  • ritmos marcado
  • as complas centraranse na crítica dun tema de actualidade: deportiva, escolar, municipal, política, ... cun ton de denuncia e reivindicación

3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión rematará o 19 de maio ás 23:59 horas.

4. Admitirase un traballo como máximo por cada participante.

5. Os traballos enviaranse ao enderezo edlg@iesdavidbujan.gal xunto cos datos persoais da persoa participante

7. O IES David Buján  poderá realizar unha exposición con todas as coplas presentadas a concurso.

8. Haberá  gorentosos premios para todos os participantes. O premio para o gañador é unha camiseta do Reizentolo, se hai máis de 25 participantes.

9. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.

10. Podes comezar as túas coplas cunhas estrofas introdutorias como as que veñen a continuación:

PARTICIPA

 Tamén deixamos un vídeo onde Eira nos explica que son os maios e como facer coplas.

 

Sabedoría popular: refráns

 

E así, coma quen non quere a cousa, chegou abril e xa está a rematar. Parece que, segundo nos indican os refráns, adoita ser un mes de choiva, o das augas mil, pero iso nunca se sabe…

 A sabedoría popular fálanos de abril, dos campos, do tempo… No seguinte xogo recollemos unha mostra deses ditos aplicados a este mes.

Xoga e gaña puntos, cos que podes ir á marabillosa excursión do EDLG, e peperetes do bar de Aurora. Proximamente damos máis detalles sobre a Excursión a Santiago. 

Unha axuda: o refrán rima sempre (dun xeito ou doutro). 

 

Despois de xogares,coloca o teu nome e curso (para poder darche os puntos e os agasallos) na clasificación. Pódese abreviar. Cada persoa só poderá estar na clasificación dúas veces.

O concurso remata (aínda que o xogo continúa) o 1 de maio

XOGA E GAÑA PUNTOS

Samaín 2021

O Samaín celébrase a noite do 31 de outubro, cando  comezaba o Aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos. Para sabers máis cousas preme no enlace.

Como todos os anos, no noso centro festexamos o Samaín cunha  bonita decoración e cunha chea de concursos.  Este ano participa tamén:

- Talla a túa cabaza e mándanos a foto ( edlg@iesdavidbujan.gal)

- Concurso de conxuros

- Concurso de contos ou microcontos de medo ( "Medo me dá")

Entrégalle o teu traballo  ao profesorado de Lingua Galega.

Gorentosos premios do bar de Aurora!

2 DE FEBREIRO. Día da Candeloria

 

A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. 
Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera (coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera), ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron (e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno)  e  se emparellan para facer xuntos o niño. Consulta o blogue de EDLG para saber máis cousas sobre esta festa tradicional.
 
Dende o EDLG queremos promover dúas accións:
 
1. OBRADOIRO DE ORIGAMI
Aprender a facer paxaros de papel cun vídeo, xa que non podemos facer o obradoiro presencial, para decorar o centro, aulas, casa, ...
 
2. O concurso CHÍOS DE AMOR. 
Fai mensaxes curtas e colócaas na exposición que haberá na cortiza de EDLG co teu nome detrás. A declaración de amor pode ser moi amplo  (namorado, namorada, amiga, pais, lingua, ...).  BASES
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut