Skip to Content

Samaín

Tradicións do Samaín: os colares de zonchos e a as almas liberadas do Purgatorio

Ritos e tradicións fúnebres

Outra tradición relacionada coa veneración ou a prevención cos mortos é a dos colares de zonchos, isto é, de “castañas cocidas coa pelica” que cunha agulla e un cordel se enfían como se fosen as doas dun rosario. Fanse para llelos poñer aos nenos nos días un e dous de novembro, especialmente no de Defuntos, para, segundo algunhas fontes, protexelos contra os espíritos con este amuleto, ou, segundo outras, porque por cada castaña agasallada e comesta sálvase unha alma. Esta tradición segue manténdose viva en moitos lugares do norte do territorio.

 Zoncho é unha das palabras que a nosa lingua ten  para designar as castañas cocidas.  Outras son mamotas, ou burgazos. Un nome como os múltiples que existen para nomear os distintos tipos de castañas, un dos produtos galegos máis importantes da gastronomía do país durante centos de anos ata que foi sendo substituída pola pataca. Con todo, a castaña segue sendo moi importante na cultura gastronómica e popular de Galicia e está asociada a moitas das nosas tradicións, entre elas, o Samaín, o Magosto ou o Nadal, os colares de zonchos, ..

 O EDLG para continuar con esta tradición ben bonita convoca un concurso de colares de zonchos. Valorarase a orixinalidade, a estética, empregar elementos respectuosos co medio, e a lonxitude do colar.

Atento ás bases que se colgarán na cortiza do EDLG e o día marcado vén co teu colar de zonchos.

Haberá premios para todos.

Xogo do Samaín

Samaín 2021

O Samaín celébrase a noite do 31 de outubro, cando  comezaba o Aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos. Para sabers máis cousas preme no enlace.

Como todos os anos, no noso centro festexamos o Samaín cunha  bonita decoración e cunha chea de concursos.  Este ano participa tamén:

- Talla a túa cabaza e mándanos a foto ( edlg@iesdavidbujan.gal)

- Concurso de conxuros

- Concurso de contos ou microcontos de medo ( "Medo me dá")

Entrégalle o teu traballo  ao profesorado de Lingua Galega.

Gorentosos premios do bar de Aurora!

Concursos Samaín 2020

O EDLG para celebrar o Samaín, festa celta que marcaba o remate da colleita e a chegada do inverno, ou metade escura do ano, convoca tres concursos:

  • Concurso de conxuros
  • Concurso de contos
  • Concurso de talla de cabazas (enviar só a fotografía)

Aquí están as bases dos tres concursos. 

Tamén están colgadas na cortiza do EDLG

Samaín 2019. Concurso de microcontos

 

Xa é tradicional celebrar dende hai anos o Samaín no noso insti. De orixe celta, esta festa celebra a chegada dunha nova estación, o inverno e con ela o ano novo celta. A través desta festa os máis novos toman conciencia da orixe celta, logo galega, dunha celebración que en demasiadas ocasión chega como "orixinal yanki", cando foi todo ao contrario. Os primeiros irlandeses que emigraron a EEUU levarón o Samaín que nos volve como Halloween. Para festexar e reivindicar o noso tamén temos un concurso de microcontos. Hai de prazo ata o 3 de novembro.

 

BASES

Na páxina o EDLG tes exemplos e un decálogo para escribir microcontos. PREME

Samaín 2019. Concurso de conxuros

O Equipo de Dinamización da Lingua, en co  Departamento da Lingua Galega,  convoca  o II  CONCURSO DE CONXUROS  para festexar o Samaín.  Tes ata o 30 de outubro.
 
conxuro é unha invocación, máis ou menos rimada, a poderes de toda índole (físicos, espirituais, morais, políticos, sobrenaturais, ...) para afastar de nós todo o que desexemos.

 A finalidade deste concurso é  crear conxuros   para afastar  todo aquilo que queiramos  que desapareza das nosas vidas (violencia, maltrato, inxustizas, guerras...). 
 
Exemplos de conxuros AQUÍ
 
Distribuir contido


by Dr. Radut