Skip to Content

Rosalía de Castro

Estiquecantas

O concurso #ESTIQUECANTAS busca a complicidade dos rapaces de 12 e 18 anos e desenvolverase en Instagram e Tik Tok para que interpreten a obra en galego de Rosalía de Castro segundo o seu ollar. Crearán un vídeo breve (menos de 60 segundos e coa súa propia linguaxe: memes en movemento, gifs, stickers…) no que difundiran o que lle inspiran as palabras da escritora para compartilo a partir do 23 de febreiro, o día de Rosalía, e ata o próximo 15 de marzo.

O xurado -formado por Lucía Aldao, e as tiktokers Prado Rúa e Malva. Os gañadores dranse a coñecer  o próximo 21 de marzo, Día Internacional dos Bosques e da Poesía dende as contas de @estiquecantas de Tiktok e Instagram.

Aquí  tes toda a información. 

PARTICIPA E GAÑA PUNTOS DO EDLG

24 de febreiro. Día de Rosalía

 

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG  propón desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, proposta á que nos sumamose, para ser máis ecolóxicos, aconsellamos facer a flor con matrial de refugallo. Pasa polo departamento do EDLG e aprende a facer flores de cartón reciclado.


Para a edición de 2020 Daniel Asorey é a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG O texto será tamén lido en todos os actos promovidos pola AELG. así como nos organizados por outras entidades que se sumen ás propostas que a entidade remitirá a concellos, asociacións e centros de ensino.


Manifesto AQUÍ

24 de febreiro. Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro celébrase o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta máis importante da literatura galega moderna.

Para o 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, a AELG  propón desde 2010 á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. No IES David Buján  o alumnado de 1º e 3º da ESO fixeron flores de cartón reciclado e fóronas regalar á vila, xunto con poemas da autora.

A actividade pretende difundir a data fóara da escola e, ao mesmo tempo, ligar a lingua coa ecoloxía (ecoloxismo lingüistico). A actividade foi un éxito.

A prensa fíxose eco da nosa iniciativa

GRAZAS RAPAC@S

Máis fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut