Skip to Content

Día da Lingua Materna

21 de febreiro. Día da Lingua Materna

Ilustración baseada nunha campaña de defensa do gaélico irlandés Sábháil Ár dTeanga (Salva a nosa lingua) que recolle un graffiti de Bansky.

A derradeira persoa que falou galego:
Serás ti? Será alguén a quen coñezas?

 

O 21 de febreiro é o Día da lingua materna, proclamado pola Unesco hai 16 anos para reivindicar a diversidade lingüística e o dereito á lingua propia. Escolleuse a data por coincidir co día en que unha multitude de falantes bengalís foi tiroteada pola policía paquistaní, cando se manifestaban pacificamente polos seus dereitos lingüísticos. Lingua materna foi a nomenclatura oficial elixida para este Día internacional e trátase dun termo estendido na maioría das linguas occidentais –mother tongue, langue maternelle, lengua materna, llegua matter, ama-hizkuntza, Muttersprache etc. –, desde hai máis de 500 anos (hai documentación do termo langue maternelle no século XIV). Non obstante, é unha denominación que está sendo substituída por expresións como lingua inicial ou lingua primeira, xa que os expertos entenden que “lingua materna” pode ter connotacións sexistas ao lle atribuír o papel exclusivo da transmisión lingüística á nai e tamén porque pode resultar ambiguo en sociedades plurilingües.

Que é a lingua inicial ou materna?

É aquela á que o individuo está exposto desde o nacemento, a lingua que primeiro adquire, habitualmente no seo da familia. A súa característica máis salientable é que se aprende espontaneamente na interacción cotiá, a través da conversa.

Que está a pasar coa nosa?

Nas dúas últimas décadas, a porcentaxe de monolingües iniciais en galego descendeu máis de vinte puntos porcentuais, en tanto que aumentou o número de bilingües e monolingües en castelán. En 2013, hai case trescentas mil persoas menos que aprenden a falar en galego ca dez anos antes, mentres o número de galegos bilingües iniciais aumentaba en case douscentos trinta mil.

 

No noso instituto festexamos o feito de termos unha lingua propia e que non queremos deixar perder con  varios eventos (conferencia de Xurxo Mariño, concurso de adiviñas en liña e reparto de adhesivos con versos dos nosos poetas sobre a lingua). Mira os adhesivos que hai

                         adhesivo 1                          Adhesivo 2                          Adhesivo 3                                                                 

PARTICIPA E GAÑA PUNTOS DO EDLG

COLLE O TEU ADHESIVO NA ENTRADA OU PREGÚNTALLE AO EDLG

 Colgamos hoxe unha canción do disco Brinca Vai, Meu o mundo é, de Paco Nogueiras, que fala da riqueza de ter unha lingua propia.

 

 

21 de febreiro. Día da Lingua Materna

 O 21 de febreiro de cada ano celébrase o Día Internacional da Lingua Materna, unha data significativa que estableceu a Conferencia Xeral da Unesco en 1999.

As linguas son os instrumentos máis poderosos para preservar e desenvolver o noso patrimonio cultural, tanto o tanxible como o intanxible. Todas  as iniciativas dirixidas a difundir as linguas maternas servirán, non só para incentivar a diversidad lingüística e o multilingüismo, senón tamén para crear unha maior conciencia sobor as tradicións culturais en todo o mundo e promover a solidariedade baseada no entendemento, a tolerancia e o diálogo.
Nós no centro celebrámos a data  difundidndo estes catro vídeos:
 
Son moi interesantes para reflexionar sobre as linguas, o seu papel, e a necesidade de compromiso dos falantes para que perduren.
Preme no nome de cada vídeo  para poder visionalos
 
Hoxe é un día máis para sentirse orgulloso do noso pobo, feliz día da nosa lingua. Non esquezas que sen falar galego, Galicia é un pouco menos. Para demostrar o orgullo de ter unha lingua de noso estamos  a facer un vídeo: "Eu falo galego porque ... " Participa. Tamén pode participar a túa familia e amigos. Preme no enlace ou pregunta ao EDLG do centro.
 
Móstrase orgullos@ da túa lingua materna
 
Distribuir contido


by Dr. Radut