"O galego a miña lingua propia" é unha campaña de normalización lingüística promovida pola Deputación da Coruña para compartir a fortaleza da nosa lingua a través de profesionais de múltiples sectores que empregan o galego como lingua propia na música, a literatura, as artes plásticas, o audiovisual, a comunicación, o mundo da moda ou a sanidade, entre outros. A campaña está dirixida ao alumnado de secundaria e pretende reforzar a súa auoestima lingüítica.
Ao noso centro veu a escritora Antía Otero e levou a cabo un obradorio de escritura creativa para o alumnado de 3º da ESO titulado "Versos en pegatina"