Skip to Content

Música

Charla-concerto ZËNZAR

O próximo día 23 de xaneiro os alumnos de 1º de bach e 4º da ESo terán a ocasión de escoitar a Zënzar, a banda de Cerceda,  roqueira pero coma sempre con arroutadas punkies, heavies e tradicionais.

O grupo galego,  os "Padriños do rock galego", gañadores de varias das últimas edicións do concurso musical do Correlingua, o "Cantalingua", votados polo propio alumnado galego, ofreceránnos un concerto e unha charla sobre música e lingua, cun pequeno repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela.

Dende os seus inicios, no 1987 no grupo Mordor, a banda  tivo diferentes composicións. No 1993 pasan a chamarse Zénzar.  Na actualidade, con nove  traballos no mercado,  forman parte do grupo:

Manolo García, batería. Membro fundador de Zenzar, batería e letrista. Tamén colaborou con grupos coma Kastomá , Chícharo Psicótico ou a Banda Meljacha.

Xosé A. Bocixa . voz. Membro fundador de Zenzar, unha das voces da Banda Meljacha e colaborador en moitos discos de grupos Galegos. Membro activo do asociacionismo galego dende fai moitos anos e de movememtos como Burla Negra, Amelga, etc. Traballou en radio mais de 15 anos ata que o deixou por non ser sumiso aos dictados do político de turno. Actor de Dobraxe, productor de eventos, guionista e realizador de documentais coma “ As Encrobas. A Ceo Aberto”

Paco Cerdeira. Guitarra e voces. Membro tamén de Mama Cabra. Estivo tamén en grupos coma  A Banda Meljacha ou Lady Croff. Técnico de són e productor, incorporouse ao grupo no 2006.

Mario Grela. Guitarra e voces. Guitarrista e compositor , que se incorporou a Zenzar no 1997 logo de disolverse Nasser, o seu primeiro grupo.

Laura Romero. Baixista. Decide cambiar a guitarra clásica polo baixo eléctrico fai 10 anos, pero non é ata o 2013, durante o derradeiro curso de Belas Artes en Salamanca, que comeza tocando por primeira vez nunha banda, no grupo de funky-pop The Coy Kois. Formado por catro mozas (guitarra, voz, baixo e teclados) e un mozo á batería, a banda graba o seu primeiro EP, Superblock. Pásase ó rock ó rematar a carreira e voltar a Ordes, onde se une á banda Velvet Rain. Actualmente compaxina a música (en Zënzar) coa pintura artística tanto persoal como por encargo.

As letras de Zënzar falan  das súas raíces nunha aldea que esmorece,  da condición de galegos sen complexos,  dos inicios roqueiros, das contradiccións do ser humano ("Nada que perder"), da corrupción ( "Que decepción"), do estado do malestar e da necesidade dun cambio social ( Nada que perder". "Non"), da desigualdade de xénro (" Xente fala), sobre a morte ( A última viaxe") . Tamén hai espazo para defender e reivindicar a nosa cultura e o idioma (O galego"), así como para facer unha reflexión sobre o camiño percorrido polos membros da banda ("Todo vai ben"),  ou para afondar nas relacións  de parella e no amor ("Contigo e sen ti", "Sempre no corazón"). Aínda que non fan moitas daptacións de poesías galegas hai que destacar "Cortina", sobre un poema de Díaz Castro onde se fala das duras condicións de vida dunha familia labrega;  e " Non", un poema de compromiso e solidariedade.

Podes consultar o noso blog de música galega para escoitar algúns dos seus temas, ou ben estoutras páxinas onde atoparás información sobre a banda e tamén poderás escoitar a súa música

De Vacas

 

O 30 de Outubro oo alumnado de 3º da ESO do IES David Buján vai asistir ao Fórum da Coruña a un concerto-coloquio con De Vacas, un dos grupos que máis está soando actualmente dentro do panorama musical galego. A actividade é de balde.

A actividade forma parte do programa de Dinamización Lingüística "Falamos" desenvolvido polo Concello de A Coruña, que pretende  darlle á mocidade unha visión  útil e moderna da lingua galega, así como  eliminar prexuízos lingüísticos.
 En próximas datas o resto do alumnado terá tamén a ocasión de ir a outro concerto de música galega.
 
DE VACAS
 
O grupo  foi o gañador, na IV edición dos Premios Martín Códax, da categoría de Coros e Grupos Vocais.
O grupo está composto por Laura Romero (cantante do grupo de música infantil galega "A Gramola Gominola"), Faia Díaz e Inés Salvado, acompañadas á guitarra por Guillerme Fernández, membro fundador do grupo Berrogüetto e colabora noutros proxectos paralelos con Xabier Díaz, Espido, Guadi Galego. 

O  grupo fai versións de  temas moi coñecidos ("Gagnam Style", do rapeiro PSY, "Despacito" de Luis Fonsi,  " De noche y de día" de Enrique Iglesias, "Soy yo" de Marta  Sánchez, " El taxi" de Pitbulll, ...)  o que contribúe a difundir a lingua galega aproveitando a oportunidade que ofrece a música coñecida. De feito, as súas versións, como a do "Despacito"  titulada "Amodiño", leva xa máis de 500.000 visualizacións no Youtube.
O Departemento de Lingua Galega e mais o de Convivencia elaboraron  unha ficha.  Búscase a reflexión sobre os estereotipos de xénero  na música.

Distribuir contido


by Dr. Radut