Skip to Content

Concursos

Concurso musical: maio

Xa está aquí o concurso deste mes.  Ata o 30 de maio podes completar as dúas cantigas (Semente de vencer e Cedeira), xuntas ou por separado. Entre todos os partcipantes sortearanse puntos de EDLG e vales da cafetaría. Sortearase unha camiseta moi chula (exposta na cortiza do EDLG) se hai 40 ou máis participacións.

PARTICIPA. PREME NAS CANCIÓNS E NON ESQUEZAS PÓR O TEU NOME E CURSO

 

Concurso Musical. Febreiro

 FEBREIRO

Xa se abre o concurso do mes de febreiro. Haberá, coma xa é tradicional,  un sorteo de gorentosos premios entre todos os participantes (hai que rematar as dúas cancións). Entre todos os que fagan as dúas cancións  tamén se sorteará unha camiseta que estará exposta todo o mes de febreiro na cortiza do EDLG. 

Nesta ocasión as cancións son "Tribo", un adianto do novo disco de A Banda da Loba -Xabón Lagarta- e unha canción de Os amigos dos Músicos "Non pare a festa" sobre o Entroido. 

Preme na ligazón e participa. Lembra enviar o teu nome completo  e curso.

O sorteo será o día 6 de marzo. Aberta a participación ata o 5 de marzo.

Tradicións do Samaín: os colares de zonchos e a as almas liberadas do Purgatorio

Ritos e tradicións fúnebres

Outra tradición relacionada coa veneración ou a prevención cos mortos é a dos colares de zonchos, isto é, de “castañas cocidas coa pelica” que cunha agulla e un cordel se enfían como se fosen as doas dun rosario. Fanse para llelos poñer aos nenos nos días un e dous de novembro, especialmente no de Defuntos, para, segundo algunhas fontes, protexelos contra os espíritos con este amuleto, ou, segundo outras, porque por cada castaña agasallada e comesta sálvase unha alma. Esta tradición segue manténdose viva en moitos lugares do norte do territorio.

 Zoncho é unha das palabras que a nosa lingua ten  para designar as castañas cocidas.  Outras son mamotas, ou burgazos. Un nome como os múltiples que existen para nomear os distintos tipos de castañas, un dos produtos galegos máis importantes da gastronomía do país durante centos de anos ata que foi sendo substituída pola pataca. Con todo, a castaña segue sendo moi importante na cultura gastronómica e popular de Galicia e está asociada a moitas das nosas tradicións, entre elas, o Samaín, o Magosto ou o Nadal, os colares de zonchos, ..

 O EDLG para continuar con esta tradición ben bonita convoca un concurso de colares de zonchos. Valorarase a orixinalidade, a estética, empregar elementos respectuosos co medio, e a lonxitude do colar.

Atento ás bases que se colgarán na cortiza do EDLG e o día marcado vén co teu colar de zonchos.

Haberá premios para todos.

Xogo do Samaín

Nadal 2021

O EDLG ponlle o ramo a este ano 2021 ( para que non volva) e celebra a chegada do novo ano convidando a celebrar as festas de Nadal en galego.

Faino por medio dunha manchea de concursos, propostas de actividades e recursos para galeguizar estas festas e promover o uso da nosa lingua.

CONCURSO DE FELICITACIÓNS DE NADAL DIXITAIS

 Podes facer a túa felicitación en distintas aplicacións. Unha deles é canva. Segue estes pasos:

1. Vai Canva (https://www.canva.com/)

Podes rexistrarte ou non. Para comenzar escribe postal de nadal (en buscas) e escolle o deseño que mellor se adpate ao que res crear. Fíxate que hai modelos de pago.

2. Personaliza o teu deseño ( texto en lingua galega, cores, imaxes, ...). 

3. Cando o teu deseño esta listo poderás compartilo con todo o mundo. Tamén o podes descargar en distintos formatos.

4. Para o concurso descárgao en JPG  e  mándao ao email do EDLG  (edlg@iesdavidbujan.gal) con teus datos  (nome e curso)  antes do 20 de decembro. 

Os traballos que participen no concurso deben facer referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Ademais do tema, valorarase o coidado estético e lingüístico das propostas.

PARTICIPA!!

GORENTOSOS PREMIOS

 

PANXOLIÑA: Nadal de Luintra (Berrogüeto e Guadi Galego)

O EDLG convida a  toda a comunidade educativa a cantar todos xuntos esta  marabillosa e  tradicional panxoliña. Todos aqueles que estean interesados  comezan os ensaios o luns, 13, segundo recreo, no salón de actos. Non te esquezas.

Aquí tes mp3 da peza

Aquí tes a letra

 

RECURSOS DIXITAIS

Tamén  vos queremos facilitar algúns recursos dixitais  en lingua galega que poderedes descargar e cos que festexar o Nadal en galego e promover o uso do idioma, nomeadamente entre a xente miúda.

Aquí podes descargar gratuitamente  a "Carta ao Reis Magos"  a "Resposta dos Reis Magos"  o Libro dos Reis Magos, elaboradas pola SXPL, para elaborar de xeito doado as cartas dos máis cativos, así como a resposta para manter viva a ilusión  e dinamizar a nosa lingua propia.

Adhesivos e etiquetas en galego para os teus agasallos. Podes descargalos aquí. 

 

 

25N. Día Internacional da Eliminación da violencia contra a Muller

O 25 de novembro é o “Día Internacional para a Eliminación da violencia contra as mulleres”. A violencia contra as mulleres é a manifestación máis clara da desigualdade que existe entre homes e mulleres e  o maior obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria.

O EDLG  anima á a toda a comunidade educativa  a participar nas actividades programadas no centro  para  reflexionar  e denunciar este tipo de violencia e actitudes.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS

- Reto manequín (Departamentos  de Convivencia, LG e EDLG) coa cantiga de Que non mo neguen (Tanxugueiras).

- Concurso de nubes de palabras (departamento de LG e EDLG). Consulta 

- Concursos de cartas "Dillo a quen maltrata" (Concello de Lalín). Consulta aquí as bases

PARTICIPA!!

Samaín 2021

O Samaín celébrase a noite do 31 de outubro, cando  comezaba o Aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man.

Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas e a súa festa á honra dos mortos, designaría o primeiro de novembro como día de Todos os Santos, e no século XII, ao día seguinte como día de Defuntos. Para sabers máis cousas preme no enlace.

Como todos os anos, no noso centro festexamos o Samaín cunha  bonita decoración e cunha chea de concursos.  Este ano participa tamén:

- Talla a túa cabaza e mándanos a foto ( edlg@iesdavidbujan.gal)

- Concurso de conxuros

- Concurso de contos ou microcontos de medo ( "Medo me dá")

Entrégalle o teu traballo  ao profesorado de Lingua Galega.

Gorentosos premios do bar de Aurora!

Distribuir contido


by Dr. Radut