Skip to Content

Dinamización lingüística

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O IES David Buján únese   o 24 de febreiro á celebración  do Día de Rosalía de Castro, conmemoración posta en marcha pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento da escritora. Nesta ocasión, o Departamento de LG  levará a cabo  numerosas  de actividades co obxectivo de reivindicar a vixencia da figura e a obra da homenaxeada.

Dende o EDLG  convócanse dous concursos  para impulsar a creatividade  vinculada á figura e obra de Rosalía:

  • Mail art. Elaboración de postais decorados cos poemas  (ilustrados) de Rosalía de Castro. Consulta aquí as bases

RECURSOS:

- Rosalía de Castro (Draw my life). Vídeo

OBRA:

Música:

MAXIA:

AELG ( Manifesto e outros materiais)

21 febreiro. Día da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.

Neste día celebramos a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta e a necesidade  de preservar este patrimonio  e de promover o plurilingüismo. Na nosa e na vosa man está o futuro da  lingua galega.

O EDLG do IES David Buján vai repartir  este autocolantes de balde para festexar  esta data e concienciar sobre  a importancia de empregar unha lingua, porque as linguas crecen na nosa boca.

Entroido

Os Amigos dos Músicos estrean canción sobre o  entroido, Que non pare a festa. Neste ano, onde non vai poder haber desfiles, carvanais, folións,..., parece que anima oílos e ver este vídeo tan bonito e colorido. No vídeo saen unha vintena de  personaxes tradicionais nunha especie de folión cheo de cor e algarabía. Aquí danza o boteiro de Viana do Bolo  ao son das súa esquilas (chocas) xunto a un felo de Esgos, tocando as súas cunchas.  Tamén pasa un burlón chocalleiro  de Vilardevós cun pandeiro e un vellarón de Riós... 

Aquí cho deixo

Recitando celso Emilio

Grazas a todas e todos por participar. Aquí vos deixo ou vídeo  onde figura o nome de todos os que fixestes o recitado do poema de  Celso Emilo. Proximamente repartiranse os punto do EDLG.

Grazas por participardes

2 DE FEBREIRO. Día da Candeloria

 

A da Candeloria (a festa das candeas) ten unha orixe pagá que se remonta a tempos anteriores á romanización. 
Na cultura popular galega a da Candeloria é "a festa da luz", xa que comezan a medrar os días e a facerse máis pequenas as noites, xa falta pouco para  primavera (coincide na metade do inverno, no intre xusto entre os solsticio da estación fría e o equinoccio de primavera), ... Tamén é o momento que volven os paxariños que migraron (e retornan ás súas terras os que aquí pasaron o inverno)  e  se emparellan para facer xuntos o niño. Consulta o blogue de EDLG para saber máis cousas sobre esta festa tradicional.
 
Dende o EDLG queremos promover dúas accións:
 
1. OBRADOIRO DE ORIGAMI
Aprender a facer paxaros de papel cun vídeo, xa que non podemos facer o obradoiro presencial, para decorar o centro, aulas, casa, ...
 
2. O concurso CHÍOS DE AMOR. 
Fai mensaxes curtas e colócaas na exposición que haberá na cortiza de EDLG co teu nome detrás. A declaración de amor pode ser moi amplo  (namorado, namorada, amiga, pais, lingua, ...).  BASES
 
 

Concursos Samaín 2020

O EDLG para celebrar o Samaín, festa celta que marcaba o remate da colleita e a chegada do inverno, ou metade escura do ano, convoca tres concursos:

  • Concurso de conxuros
  • Concurso de contos
  • Concurso de talla de cabazas (enviar só a fotografía)

Aquí están as bases dos tres concursos. 

Tamén están colgadas na cortiza do EDLG

Contaxio

Contaxio’ é unha viaxe polo dicionario, para descubrir como se sente esta palabra e coñecer a súa relación con outras palabras como “medo”, “inxustiza” ou “pobreza”, pero tamén as oportunidades que lle brindan outras como “ vacina”, “medicina” ou “investigación”. 

Este conto pretende sumar o seu grao de area para promover o dereito dos nenos, nenas e adolescentes á educación e a estar informados dos temas que lles afectan: un conto que fala da actualidade, das implicacións do coronavirus, un conto para a historia. 

Promovido por UNICEF e a actriz e presentadora Lucía Regueiro, Amiga de UNICEF Comité Galicia, ‘Contaxio’ é un conto colaborativo escrito por María Solar, Ledicia Costas e Fran Alonso, e coa ilustración de portada do pintor Leandro Lamas.

Un amplo elenco de actrices e actores de Galicia participan nesta iniciativa poñendo a súa voz: Xúlio Abonjo, Miguel Canalejo, Monti Castiñeiras, Isabel Naveira, Federico Pérez, Lucía Regueiro, Beatriz Serén e María Vázquez; ademais da realizadora Lucía Rodríguez.

Samaín

 

O  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración coa Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, convoca o III CONCURSO DE CONXUROS para festexar o Samaín.
Enténdese por conxuros ou esconxuro   todo tipo de invocación, máis ou menos rimada, aos poderes de toda índole: físicos, espirituais, morais, atmósféricos, sobrenaturais,…  A finalidade deste concurso é  recadar conxuros para  que desapareza   todo o negativo que hai no mundo.
Aquí podes consultar algún exemplo

 

           BASES
Distribuir contido


by Dr. Radut