Skip to Content

Benvenuti!!

A semana do 16 ao 23 de febreiro visitarán o noso instituto 15 alumnos da Escuola Tecnolóxica de Jesi-Ancona (Italia). Este intercambio xorde grazas ao contacto realizado polas nosas escolas no marco do proxecto europeo inGenious (Brings teachers and industry together to excite pupils about science, technology, engineering and maths).

Durante esta semana, convivirán connosco no centro, visitarán os nosos museos e, sobre todo, estarán aloxados nas nosas casas, onde lles poderemos amosar a riqueza cultural da nosa terra.

 



blog | by Dr. Radut