Skip to Content

Blogues

Os nosos recursos

 

Clica na imaxe para acceder á nosa selección de recursos sobre Google.

4ª e 5ª sesión do PFAC

5ª Sesión

Data: 19/01/12
Hora: 16:30 h
Duración aproximada: 2 horas
Lugar: 1º ESO A
Sen docencia externa.

Contido: Google en educación

  • Posta en común das ferramentas de Google que xa estamos a utilizar: Gmail, Google Maps, Google Calendar, Google Docs, iGoogle, Google Sites...

 

4ª Sesión

Data: 11/01/12
Hora: 16:30 h
Duración aproximada: 2 horas
Lugar: 1º ESO A
Sesión dirixida ao profesorado abalar

Contido:

  • Solución de problemas coa conexión ao encerado do equipo do profe.
  • Conexión doutro equipo (ordenador persoal) ao encerado.
  • Solución dos problemas máis frecuentes nos equipos do alumnado. 
  • Acceso do alumnado a un recurso colocado no servidor do centro.
  • Revisión das normas e recomendacións de uso das aulas abalar.

Suxestións:

Abrimos un fío en Redeiras, no grupo Consolidación software Abalar, para ver a posibilidade de mellorar a maqueta dos miniportátiles coa instalación de PhET, que permitiría a visualización das diferentes simulacións que ofrece a páxina sen conexión a internet.

Seguimos con atención a incidencia sobre o software SIGALA que afecta ao funcionamento de iTALC.

3ª sesión do PFAC

Data: 20/12/11
Hora: 16.30 h
Duración aproximada: 3 horas
Lugar: 1º ESO A


Contido: Introdución á metodoloxía de proxectos

Relator: Xoán Costa
Resumo:

"A metodoloxía de proxectos, e a súa vinculación coas competencias, está perfectamente asentada na práctica docente. Por iso non se trata tanto de facer unha exposición teórica senón de vermos como esta posibilidade de traballo se pode desenvolver desde as TIC e concretamente con software do proxecto Abalar. Segundo isto, esta sesión centrarase en facermos un percorrido polas diferentes variantes do traballo por proxectos (desde as webquests ás aventuras didácticas) e tamén do software de que dispomos para a súa elaboración, especialmente eXelearning, Moodle e Hot Potatoes. Tamén se tratará un caso práctico de elaboración de contidos con este software."

Segunda sesión do PFAC

Data: 29/11/11
Hora: 16:30 h
Duración: 3 horas
Lugar: Aula de 1º ESO A

Descarga pdf

Contido: Introdución básica á aula Abalar.

  • O encerado dixital e o vídeo proxector.
  • Os ultraportátiles do alumnado e o portátil do profesorado.
  • O armario de carga.
  • A rede wifi e o servidor do centro.
  • A aplicación de Xestión de Recursos Educativos.
  • Normativa e recomendacións de uso do equipamento (primeiro borrador)

Esta sesión, que forma parte do noso proxecto, é asemade parte da formación obrigatoria prevista para os centros que nos incorporamos ao proxecto abalar durante o curso 2011-2012.

O portátil da aula

sentímolo, flash non está dispoñible.

Primeira sesión do PFAC

Data: 16/11/11
Hora: 16.30 h
Duración aproximada: 2 horas
Lugar: Aula de Bilingües Aula de 1º ESO A

Contido:
1ª parte (1 hora aprox.) Presentación e valoración da adecuación do proxecto presentado.
2ª parte (1 hora aprox.) "Coñece o Espazo Abalar". Integramos no noso PFAC esta charla divulgativa dirixida ao profesorado para dar a coñecer as novas canles de comunicación en liña coas familias. Trátase dunha iniciativa promovida conxuntamente pola Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Consellería de Educación en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría e Informática de Galicia (CPEIG). Relatora Dª Silvia Gómez Pose, enxeñeira informática.

Distribuir contido


by Dr. Radut