Skip to Content

Que opina o profesorado sobre a Escola 2.0? Resultados dunha enquisa

Acceso ao vídeo

O profesor Manuel Area Moreira presentou no III Congreso Escuela 2.0 os datos dun inquérito realizado a máis de 4500 profesores e profesoras de diferentes comunidades participantes no programa Escuela 2.0 sobre cuestións como o uso das TIC na práctica docente, as TIC na organización do centro, usos das TIC por parte do alumnado, usos das TIC por parte do profesorado e demandas de formación e a valoración e expectativas do impacto do Programa Escola 2.0. A distribución do cuestionario fíxose coa colaboración do ITE e das consellerías de educación, pero non todas se mostraron interesadas en participar no estudo. En concreto, no noso caso, non se demandou a tradución ao galego do cuestionario e non se recollen datos de centros galegos. De calquera maneira os primeiros datos do estudo son moi interesantes e poden resultar sorprendentes nalgúns aspectos.

Manuel Area é Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela e Doutor en Pedagoxía pola Universidade de La Laguna. Desde os anos 90 é catedrático de Didáctica e Organización Escolar (Tecnoloxía Educativa) na Facultade de Educación nesa Universidade.

Ordenadores en el aula (blogue de Manuel Area)

En Twitter: @manuel_area



blog | by Dr. Radut