Skip to Content

COVID-19

Medidores de CO2

Prégase a todo o profesorado que faga uso dos medidores de CO2 co fin de manter e controlar o mantemento das condicións sanitarias máis axeitadas desde o punto de vista da calidade do aire nas instalacións do centro. Se as medicións son moi elevadas (máis de 700 ppm) probade a apagar o medidor e acendédeo fóra da fiestra. Grazas a todas e todos pola vosa colaboración.

 

A ANPA e o IES poñen a disposición do centro 31 medidores de CO2.

Co fin de manter e controlar o mantemento das condicións sanitarias máis axeitadas desde o punto de vista da calidade do aire nas instalacións do centro, a ANPA e mais a Dirección do IES A Sangriña mercaron 31 medidores de concentración de CO2, temperatura e humidade destinados ao control da concentración de dióxido de carbono nas aulas para evitar posibles situacións de saturación que poñan en risco a seguridade sanitaria das persoas usuarias do centro. Os medidores estarán a disposición do profesorado en conserxería.

Segundo as recomendacións feitas chegar pola CCEU, CSIC e outros organismos e entidades, a concentración de CO2 tope a tolerar estaría nun rango de 550-600 ppm. Calquera medición por riba destes valores obrigaría a apertura máxima de fiestras (de non estar xa así) e, se isto non é suficiente, evacuaríase a aula ata rexistrar concentracións por debaixo do límite anterior.

Reparto de máscaras.

Este venres, día 18 de decembro procederase ao reparto de máscaras ás familias do alumnado que resultou beneficiario desta axuda (ver listaxes de persoas admitidas no taboleiro de anuncios da entrada do centro) no seguinte horario:

  • 1º ESO: 18:00 – 18:30
  • 2º ESO: 18:30 – 19:00
  • 3º ESO: 19:00 – 19:30
  • 4º ESO: 19:30 – 20:00

Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección.

 

Medicións da concentración de CO2 nas aulas.

A partir dos datos recollidos na táboa anexa, resolvemos que as medicións amosan un rango de concentración de CO2 aceptable cando medimos con portas abertas e fiestras abertas. É imprescindible manter portas abertas e fiestras abertas como norma COVID, norma que temos que respectar independentemente das condicións meteorolóxicas exteriores. Cumprindo esta norma COVID, o noso centro é seguro e garante unhas circunstancias sanitariamente aceptables.

Listaxe definitiva de persoas admitidas na distribución de máscaras.

Xa tedes á vosa disposición as LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS no taboleiro de anuncios que está situado na entrada do instituto. En canto cheguen as máscaras ao centro procederase ao seu reparto entre as familias do alumnado que resultou beneficiario desta axuda. Indicarase o día e a hora de recollida das máscaras a través da web do centro. Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut