Skip to Content

COVID-19

Aforo máximo na cafetería

Coa entrada en vigor o 22 de outubro das novas restricións establecidas por Sanidade, o aforo máximo da cafetería do instituto queda limitado aos puntos azuis sinalizados no chan (pode haber tantas persoas coma puntos azuis). Esta medida aplícase a toda a comunidade escolar: alumnado, profesorado e PAS. 

Protocolo COVID en Educación Física

Nos documentos adxuntos podedes consultar as normas de seguridade sanitaria de aplicación nas clases de Educación Física.

Novas medidas organizativas vixentes desde o 13 de outubro incluído

  1. Anúlase o uso dos conos.
  2. Seguimos respectando as áreas de recreo.
  3. Abordaremos nas titorías as medidas de seguridade sanitaria (máscara e correcto uso, distancia social, desinfección...).
  4. O profesorado de garda notificará axiña á Dirección calquera incumprimento do protocolo.
  5. As bancadas do pavillón cederanse ao alumnado de ciclos luns e martes de 14 a 15 h para xantar, previa entrega asinada dunha declaración responsable.
  6. Tanto nas aulas coma na sala do profesorado débese hixienizar o posto antes e despois de ocupalo. Non se poden usar os colgadores.
  7. Ao final da xornada, nas aulas, límpanse mesas e cadeiras, e colócanse estas volteadas enriba das mesas.

 

PLAN ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID-19 IES A SANGRIÑA 2020-2021. GUÍA INFORMATIVA DAS MEDIDAS DE ORGANIZACIÓN IES A SANGRIÑA. CURSO 2020-21

 Adxuntamos coa presente:

1. Plan de Adaptación á situación COVID-19 do IES A Sangriña. Curso 2020-21.

2. Guía Informativa das medidas de organización do IES A Sangriña. Curso 2020-21.

Distribuir contido


by Dr. Radut