Skip to Content

COVID-19

Modelos de exame ABAU 2020

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acaba de publicar os modelos de exame ABAU, especiais para este ano marcado pola pandemia da COVID-19. Podedes consultalos nesta ligazón: https://ciug.gal/gal/abau/modelos

Axenda para adolescentes en confinamento

Podedes ler as recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia nos arquivos adxuntos.

 

Entrega de notas da segunda avaliación

 

O IES A Sangriña organizou o sistema de entrega de notas desta Segunda Avaliación do seguinte xeito:

1. As notas de cada alumna ou alumno serán emitidas a través da plataforma Abalar e a través do envío dos boletíns individuais de notas ao correo electrónico do alumnado.

2. Os envíos dos boletíns aos correos electrónicos do alumnado será realizado polos correspondentes titores e titoras.

3. O proceso de envío dos boletíns terá que estar rematado antes das 12:00 h do venres 3 de abril. Pregámosvos estar pendentes das mensaxes recibidas no correo das vosas fillas e fillos  

4. Calquera consulta que estimedes oportuna facer só será respondida tras ser solicitada a través dun correo remitido á conta do IES: ies.sangrina@edu.xunta.es no cal debedes especificar: nome do alumno ou alumna, motivo da consulta e materia sobre a que queredes facer a consulta. O correo será enviado á atención do Director ou da Xefatura de Estudos.

Datas da ABAU ordinaria

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) acordaron hoxe fixar nos días 7, 8 e 9 de xullo as datas da convocatoria ordinaria da ABAU en Galicia para este ano. Trátase das datas nas que estaba prevista –con anterioridade á crise sanitaria– a proba extraordinaria en Galicia.

Deste xeito, cúmprese co prazo establecido a semana pasada en conferencia sectorial para facer estas probas, que quedara fixado entre o 22 de xuño e o 10 de xullo, con marxe para publicar os resultados ata o 17 de xullo. No caso da proba extraordinaria, as partes acordaron agardar para a súa fixación, tendo en conta que –segundo o proposto polo Ministerio na conferencia sectorial – debería celebrarse antes do 10 de setembro, coa publicación de resultados antes do 18 dese mesmo mes.

A conselleira reiterou a necesidade de que as probas deste ano garantan de forma especial a igualdade de oportunidades e a equidade no acceso á Universidade. Neste sentido, trasladou aos representantes da CIUG que na conferencia sectorial o Ministerio propuxo un modelo de exame similar ao actual, cos mesmos tempos de realización, e cunha maior opcionalidade. O obxectivo é garantir que o alumnado poida acadar a máxima puntuación sen que llo impida o feito de non ter recibido algún dos contidos previstos.

Distribuir contido


by Dr. Radut