Skip to Content

COVID-19

Reparto de máscaras.

Este venres, día 18 de decembro procederase ao reparto de máscaras ás familias do alumnado que resultou beneficiario desta axuda (ver listaxes de persoas admitidas no taboleiro de anuncios da entrada do centro) no seguinte horario:

  • 1º ESO: 18:00 – 18:30
  • 2º ESO: 18:30 – 19:00
  • 3º ESO: 19:00 – 19:30
  • 4º ESO: 19:30 – 20:00

Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección.

 

Medicións da concentración de CO2 nas aulas.

A partir dos datos recollidos na táboa anexa, resolvemos que as medicións amosan un rango de concentración de CO2 aceptable cando medimos con portas abertas e fiestras abertas. É imprescindible manter portas abertas e fiestras abertas como norma COVID, norma que temos que respectar independentemente das condicións meteorolóxicas exteriores. Cumprindo esta norma COVID, o noso centro é seguro e garante unhas circunstancias sanitariamente aceptables.

Listaxe definitiva de persoas admitidas na distribución de máscaras.

Xa tedes á vosa disposición as LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS no taboleiro de anuncios que está situado na entrada do instituto. En canto cheguen as máscaras ao centro procederase ao seu reparto entre as familias do alumnado que resultou beneficiario desta axuda. Indicarase o día e a hora de recollida das máscaras a través da web do centro. Para calquera dúbida ou aclaración contactade coa Vicedirección.

Reparto de máscaras.

A Xunta de Galicia acaba de publicar a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado que máis o necesite matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos (Orde do 6 de novembro de 2020. Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020).

Tal e como establece a convocatoria, todos os/as alumnos/as que contan con axudas de material escolar (VALES DE MATERIAL) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso non terán que formalizar ningunha solicitude.

O resto do alumnado −aínda que non conte con axuda de material escolar− tamén poderá beneficiarse do subministro de máscaras sempre que reúna o requisito de renda per capita igual ou inferior a 6.000 euros. Neste caso, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado tramitar a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

Máis información na carta adxunta.

PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES:

Do 16 ao 27 de NOVEMBRO de 2020

Distribuir contido


by Dr. Radut