Skip to Content

COVID-19

Medicións CO2

No contexto actual é moi importante medir a concentración de CO2 nos espazos interiores e vixilar a calidade do aire para mitigar a propagación do coronavirus. Por esta razón, o Equipo Covid, co medidor cedido pola ANPA, realizou recentemente un control en varios espazos do centro. Os datos quedan recollidos na seguinte táboa. 

Resolucións do Equipo Covid do 2 de novembro.

  1. Permítese o uso de mesas de cafetería ao alumnado de CICLO SUPERIOR (maior de idade) para xantar nos postos que marcará a concesionaria do servizo. O uso destes postos terá lugar os luns de 14:25 a 15:00 e os martes de 14:00 a 14:30 h. 
  2. profesorado que utilice a sala de profesorado para xantar deberá absterse de portar comida polo vestíbulo durante o período de recreo dos luns e os mércores (de 14:00 a 14:25). Do mesmo xeito, ínstase a que minimicen o tempo que estarán sen máscara na sala do profesorado e hixienicen debidamente o seu posto ao remate.

INFORMACIÓN SOBRE A SITUACIÓN SANITARIA COVID IES A SANGRIÑA

Estimados/as membros da comunidade escolar do IES A Sangriña,

  No noso centro confirmouse un positivo (ata o día de hoxe) por covid19. A primeira medida que cómpre adoptar nestes casos é a da serenidade. Todas as actuacións indicadas nos protocolos están activadas xunto coa debida información facilitada á autoridade sanitaria. Tal é como se dí no documento anexo á presente, os servizos de rastrexo do Sergas informarán directamente aos contactos estreitos implicados sobre a necesidade da corentena quincenal e/ou sobre a necesidade de facer unha proba PCR. O resto da comunidade educativa poderá seguir acudindo ao centro (de non mediar comunicación expresa en sentido contrario  feita chegar polo Sergas). Aquí revélanse como vitais as medidas de seguridade sanitaria que a comunidade educativa do IES A Sangriña leva aplicado dende o inicio do curso. O adecuado cumplimento das mesmas posibilita minimizar a propagación do virus no caso de contar con casos entre nós. Incidindo sobre o importante que son as distancias de seguridade, a hixiene de mans, o control diario de temperatura e de síntomas e convencéndonos do necesario que é manter esta actitude, poderemos manter, seguir mantendo, o noso centro como un recinto seguro.

Resolucións do Equipo Covid IES A Sangriña de aplicación a partir do 23 outubro

  1. A cafetería só será ocupada nos postos co punto azul (unha peroa por punto azul).
  2. A hixienización de mesas e cadeiras levarase a cabo só polas persoas usuarias que entren.

Distribuir contido


by Dr. Radut