Skip to Content

INFORMACIÓN DIRECCIÓN IES A SANGRIÑA SOBRE A SITUACIÓN SANITARIA COVID

Hoxe día 17 de decembro, a dirección do IES A Sangriña, vén de suspender as clases de Primeiro e Segundo de Bacharelato logo de constatar, na tardiña de onte, que un número considerable de alumnado dos citados cursos estaba rexistrando positivos por covid en tests de antíxenos.

Para evitar unha potencial situación de contaxio xeralizado, o Equipo Directivo do centro comunicou a última hora da noitiña de onte, e a través de Abalar, a pais e nais do alumnado de Bacharelato do centro a suspensión das clases de hoxe para estes cursos.

A Dirección do IES A Sangriña a través da presente informa a toda a comunidade escolar do centro que dende primeira hora desta mañá do día 17, contactóuse co Servizo de Inspección e coa central de seguimento Educovid para facerlle chegar puntualmente os pormenores desta situación.

Aproveitamos para facer un chamado á solidaridade e á responsabilidade recordando a todos os membros da comunidade escolar do IES A Sangriña (profesorado, pais/nais, alumnado, persoal non docente) a necesidade de preservar a seguridade sanitaria colectiva colaborando en atallar calquera situación que poda propiciar ou poñer en risco a seguridade sanitaria.

Grazas pola vosa colaboración.

A Dirección.



story | by Dr. Radut