Skip to Content

III Mostra de Teatro non profesional do Miño Feixó de Araúxo

A Mostra de Teatro non profesional do Miño Feixó de Araúxo celebrarase nos días 24, 25 e 26 de abril nos concellos de A Guarda e Tomiño.

No IES A Sangriña haberá representacións como entidade colaboradora que é da Mostra.

Así que quedades tod@s convidados a III Mostra de Teatro , próximamente nos escenarios.

Visita a E.D.A.R de A Guarda

No día de hoxe, martes 24 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) do noso Concello. A actividade está organizada polo Seminario de Bioloxía-Xeoloxía e a A21EG, contando co asesoramento da empresa que leva a xestión da planta para o Concello.

A EDAR está pensada para unha poboación equivalente de 23.000 habitantes, para un caudal medio de 268,30 m3/h, podendo chegar a un caudal máximo de 644 m3/h. A depuradora consta de dúas liñas diferenciadas:

1ª. Liña de auga:

A auga residual que chega é sometida en primeiro lugar a un pretratamento para a eliminación das materias sólidas grosas e finas, da area e máis da graxa. Despois pasa ao biolóxico de aireación prolongada, caracterizado pola súa flexibilidade e baixo custo. A decantación é o seguente proceso, onde se consegue a clarificación da auga xa depurada. Por último a auga sométese á desinfección por raios ultravioleta.

2ª. Liña de lodo:

O lodo que se produce, recircúlase constantemente do decantador ao biolóxico. Os lodos en exceso envíanse ao espesador para sometelos a un acondicionamento químico que permita a súa centrifugación, e deste xeito que sexan aptos para o transporte (compost que se emprega como fertilizante).

Esta actividade, xunto con outras, sitúase na conmemoración do Día Internacional da auga, celebrado o pasado domingo 22.

Ponencia de Isabel Cabaleiro: Writer vs. Word

O luns 23 de marzo Isabel Cabaleiro impartíu o Seminario: Writer vs Word, destacando as vantaxes do primeiro programa frente ó segundo.

Recordatorio de horarios de próximos seminarios:

- Luns 30 de marzo ás 15 horas: Seminario do Calc impartido por Isabel Cabaleiro.

- Mércores 1 de abril ás 15 horas: Seminario do Impress impartido por Isabel Cabaleiro.

- Luns 20 de abril ás 15 horas: Seminario do Gimp impartido por Susana Muíños

- Luns 27 de abril ás 15 horas: Seminario do Inkscape impartido por Susana Muíños.

- Luns 18 de maio as 15:00 horas: Seminario de Instalación e configuración dunha distribución GNU/Linux: Galinux. Impartido por Luis Alberto Lorenzo, Moisés Gómez, Jose Luis Vázquez e Ricardo Veiga.

No mes de abril celebrarase a III Mostra de teatro non profesional do Miño

A continuación pódense ver os vídeos do acto inaugural da pasada edición da Mostra, que tivo lugar no Centro Goianés en abril do 2008.

Ponencia de Patricia González: Navegador Firefox

Patricia González impartíu hoxe, luns 16 de marzo, o seu seminario sobre o navegador gratuito Mozilla Firefox. Continuando así coas Xornadas do Software Libre no IES A Sangriña. Eventos que pretenden dar a coñecer e difundir as bondades de sistemas operativos, navegadores e programas open source.

Ponencia de Ricardo Veiga: "Paseo comparativo entre Windows e Linux"

 

 

Dentro das Xornadas do Software Libre que se están a celebrar nestas datas no IES A Sangriña. Ricardo Veiga impartíu onte, luns 9 de marzo, a primeira charla sobre as avantaxes do sistema operativo Linux. A convocatoria despertou o interese tanto de alumn@s como profesores e resultou instructiva e amena.

IES A Sangriña no BEN FALADO!

O pasado venres, 6 de marzo a RTVG retrasmitiu a reportaxe do Tesouro dos nosos avós, gravada no instituto e na Residencia Monte Tegra da Guarda 

enlace para ver o vídeo

Visita o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira

 

O pasado xoves, día 19 de febreiro, os compoñentes da AXENDA 21 ESCOLAR GALEGA (A21EG) do noso IES, dentro das súas actividades, visitaron o Aqua Museu de Vila Nova de Cerveira (Portugal).

A visita é unha das programadas durante o curso co obxectivo de coñecer o río Miño e o seu entorno (centro da actividade xeral do curso, e que terán continuidade coa visita a Ourense e a Melgaço). Como tal constou de dúas partes: a visita propia ao aqua museu e logo unha práctica  na recollida e estudo dos pequenos animais que viven no sedimento. Eso si, previamente disfrutamos da comida nesa zona privilexiada e do parque que teñen.

Información obtida do blog de Vïctor Gómez, coordinador de Axenda 21 Escolar Galega no IES A Sangriña

Aqui tendes unha foto da visita

 

 

Entroido no IES A Sangriña

20/02/2009 10:35
Etc/GMT+2

 

Alumnas do IES no Entroido do curso pasado

Hoxe venres 20 celébrase o Entroido no IES A Sagriña. A festa constará de varias actividades fora do horario lectivo. Así a partir das 2 da tarde poderase comer a base de bocata e bebida, na cafetería do centro. Ou ben asistir a un torneo de futbol que terá lugar tamén as 2 h.   O desfile de disfraces  empezará ás 3 h. e nel se premiarán os dous mellores disfraces: o mellor disfraz de rapaz e o mellor de rapaza. As 4:30 horas haberá un concerto de rock. E por último mencionar o concurso de tortas que engade o ingrediente doce á xornada. 

Alumnos do IES A Sangriña no EMAX

  

Os días 6, 7 e 8 de febreiro Carlos Fernández López e Sara Pérez Martínez, alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Sangriña participaron no III Encontro-Mostra Asociativa Xuvenil (EMAX) de Galicia e Norte de Portugal, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e celebrado no pavillón Multiúsos Fontes do Sar en Santiago. A eles uniuse Edna Patricia Moreira Martíns, que foi alumna do noso instituto e agora xa está na universidade de Compostela.

Os mozos, coñecidos artistas do Teatro do Falabarato, no seu stand presentaron para a mocidade galega e portuguesa a 3ª Mostra de Teatro do Miño, que se celebrará na Guarda e en Goián os días 23, 24, 25 e 26 de abril e na que participarán unha vez máis grupos de teatro afeccionado de toda Galiza e Portugal.

Distribuir contido


by Dr. Radut