Skip to Content

Reportaxe e premios do Halloween - Samaín


4th Halloween - Samaín contest results:

And the winners are...

1er Ciclo:

- Best Pumpkin:

"Pumpkin Snail" Lucía González, Iago Patiño, 1ºC Guillermo 1º /2º ESO.

- Best proyect:

"Trick or Treat" Sofía Rodríguez 1º A, Estefanía Fernández 1º B, Paula Carballo 1º D, Aloia Fernández 1º D

- Best Dessest:

"Halloween Punch" Oscar, Carmen, Nadia e Xulia 2º ESO B

 

2º Ciclo:

- Best Pumpkin:

"The Simpsons" Diana, Estefanía González and Sara Márquez, 4º ESO

2nd Prize/ 2º Premio: 

"Pumpkin Vampire" Patricia Álvarez, Nerea Capón, Alba Mauri, Lara Pereira, Raquel Rodríguez. 3º ESO

 - Best proyect:

"Spider" Erika Silva, Ana Mª Castro, Paula Vicente, Sarai vicente, Paula Lomba 3º / 4º ESO

2ndPrize /2º Premio

"Halloween/ Samaín" Sergio Lomba, María González, Lara Castro, Alejandro Pena, Tecla Cadilla, 3º ESO

Best Dessert:

"Halloween cookies and apple pie" Roberto González, Xerome Fernández, Ramón Carballo, Pablo Gándara, Marcos Rodríguez 3º / 4º ESO

2nd Prize

"Chocolate spider and Ghost" 

Os profes que organizaron este concurso danvos a big thank you! pola vosa colaboración e entusiasmo, o éxito foi voso.

 

It´s Halloween-Samaín time

calabaza

Nestes días estanse celebrando distintas actividades organizadas principalmente polo Departamento de Inglés con motivo das festas do Halloween e do Samaín.

Hoxe 29 de outubro tivo lugar o concurso: Bobbing for apples. E mañá exporanse os terroríficos traballos dos alumnos: cabazas, tartas e posters. O CEIP da Sangriña visitará esta exposición durante a mañá.

Enjoy the party!!!

 

Alumnado do IES A Sangriña de intercambio en Dinamarca

intercambio con Dinamarca

Durante a última semana de outubro está tendo lugar a estancia en Ronne (Dinamarca) dos alumnos de 2º de Bacharelato participantes no Proxecto Bilateral Comenius que o IES A Sangriña desenvolve con Bornholm Gymnasium de Ronne.

 Enlace coa web do Centro:

http://www.bornholm-gym.dk

 

Recollida do premio "Coperativismo no ensino"

Durante o presente curso escolar 2008/2009, o IES A SANGRIÑA participou no Certame de Cooperativismo no ensino dirixido a Centros de Formación Profesional na modalidade de proxectos empresariais cooperativos.

O traballo presentado foi elaborado polas alumnas do 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas Ana Belén Solleiro da Cunha e Melisa Alvarez Pousa e dirixido pola Profesora do Instituto Concepción Villamarín Coego.

O proxecto premiado titulado “Mercado Tecnia” desenvolve a idea dunha empresa de servizos de márketing que ofrece propostas de investigación comercial, loxística comercial, marketing no punto de venda e xestión comercial a Pemes e microempresas principalmente.

Esta empresa de servizos de marketing estaria ubicada na Guarda e o seu radio de traballo sería toda a comarca do Baixo Miño, así como a zona norte de Portugal.

Para analizar a viabilidade deste proxecto empresrial, realizouse un estudo de mercado a pé de rua, estraendo conclusións tan interesantes coma que o 91% dos enquisados recoñece e valora a aportación do márketing ao crecemento da empresa. A maioría das empresas pertencen ao sector servizos e en moitas ocasións non recurren a estes servizos porque non dispoñen de tempo nin médios suficientes, ou porque non hai na zona ningunha empresa que llo realice.

Conclúe o proxecto con un plan de inversión e financiamento de cinco anos vista que ratifica a viabilidade do proxecto.

INTERCAMBIOS 2009-2010

O Departamento de Actividades Internacionais está preparando os intercambios para o curso 2009-10: 

2º ESO – Intercambio con MALLORCA ( España)  Aprox.  12 prazas.

3º ESO – Intercambio con DUNQUERQUE (Francia)  Aprox. 15 prazas.

1º BACH- Intercambio con TERNI (Italia )  Aprox.  15 prazas.

2º BACH – Intercambio con BORNHOLM (Dinamarca)  Aprox 24 prazas.

O gasto aproximado de cada intercambio é de 150 euros. A viaxe de ida depende do centro de acollida, unha vez comparados os respectivos calendarios escolares. As datas de acollida en A Guarda serán do 5 ao 12 de abril.

Para apuntarse ou solucionar posibles dúbidas, escribe ao seguinte e-mail: intercambios.sangrina@hotmail.es 

 

Manual do programa Meiga

No seguinte arquivo adxunto podese consultar o funcionamento do programa Meiga que xestiona a biblioteca do Centro.

Excursión fin de curso 1º ESO, xuño 2009

O último día do curso os alumnos-as de 1º de ESO foron á Praía da Lamiña-Armona, acompañados de Olga, Arsenio, Pepe e Víctor. Alí realizaron actividades de E. Físisca e Ciencias da Natureza que non se poden realizar no IES. Pero tamén houbo tempo para o lecer, tal como amosa a fotografía.

PROXECTO FINALISTA NO CERTAME DE COOPERATIVISMO NO ENSINO DIRIXIDO A CENTROS DE FORMACIÓN PROFESIONAL

As autoras do Proxecto Empresarial “Mercadotecnia, S. Coop. Galega” ; Ana Belén Solleiro da Cunha de Amorín e Melisa Álvarez Pousa de Tomiño, resultaron finalistas no Certamen de Proxectos Empresariais de Cooperativas de Galicia, dirixido pola profesora do IES A Sangriña de A Guarda, Concepción Villamarín Coego. A entrega de Premios terá lugar o día 4 de xullo en O Grove.

Ámbalas dúas alumnas teñen posesión dos Títulos de Técnico Superior en Administración e Finanzas e Técnico Superior en Xestión Comercial e Márketing, o que lles incentivou a levar a cabo dito Proxecto consistente nunha “Asesoría de Márketing”.

O Márketing comprende 4 campos: Investigación Comercial, Loxística Comercial, Márketing no Punto de Venda e Xestión Comercial, servizos que ofrece o proxecto Mercadotecnia.

 

No ficheiro adxunto tendes a presentación do traballo.

Tesouros da Guarda. Pablo Lomba Riego

Reportaxe do Certame Xela Arias-09


Distribuir contido


by Dr. Radut