Skip to Content

Programa Mostra Teatro do Baixo Miño día 24 de Abril

24/04/2010 18:00
24/04/2010 23:59
Etc/GMT+2

Programa Mostra Teatro do Baixo Miño día 23 de Abril

23/04/2010 18:00
23/04/2010 22:00
Etc/GMT+2

DECLARACIÓNS DE AMOR PREMIADAS NO CONCURSO FALEMOS DE AMOR

ORGANIZADO POLO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PROGRAMA ÉXITO ESCOLAR LINGUAS  

CATEGORÍA A 

1º PREMIO 

Pérdome no teu corpo,
atópome nos teus beizos.

percorro a túa cara,
os teus cabelos de palla.

Acaricio o teu pescozo,
estou cheo de gozo.

Chego ao teu embigo,
pero eu prosigo.

Sinto as túas pernas,
es ti quen me gobernas.

Chego á fin,
creo que cumprín. 

Óscar Rodríguez Goyás  

2º PREMIO  

Ai! Ramiro, Ramiro....
a ti, esta carta che escribo...
para que saibas que te quero
porque eu sen ti non podo...
 
Gústasme dende que eramos nenos
cando contabamos cos dedos...
preciso que veñas aquí,
non aguanto máis sen ti...
 
Dáme un bico,unha mirada...
só mirame á cara....
Dime que me queres...
se o meu amigo es...
 

Clara Álvarez Garcés  

CATEGORÍA B 

1º PREMIO 

Chove…

E cada gota

é coma un bico.

Os teus bicos ausentes

que agora recordo

Sufro… 

Chove…

E agora non sei onde estás

só quero volver a verte

e que todo volva ser coma antes.

Non podo vivir

Se ti non estás… 

Carlos Velasco Gómez  

2º PREMIO 

Cando digo o teu nome penso nunha flor
nunha flor penso cando digo o teu nome
se tanto me queres dáme o teu amor
porque senón ficarei sen nome.
 

Iván Rodríguez Peña

Abril 2010

IV Mostra de teatro do Miño

23/04/2010 00:00
25/04/2010 22:00
Etc/GMT+2

Conferencia sobre "Ecolingüística. O momento actual da lingua"

19/04/2010 17:00
19/04/2010 22:00
Etc/GMT+2

O luns día 19 a profesora universitaria Goretti Sanmartín, que acaba de publicar o libro LINGUA E FUTURO  dará unha conferencia sobre "Ecolingüística. O momento actual da lingua", para o alumnado do IES A Sangriña

Recital de poesía e música das diversas culturas de África

15/04/2010 18:30
15/04/2010 21:30
Etc/GMT+2

Reportaxe de traballos de 2º ESO de tecnoloxía


Recital Poético. Homenaxe ás mulleres represaliadas polo franquismo

10/03/2010 20:30
10/03/2010 21:30
Etc/GMT+2

Bases do 4º Certame de poesía Xela Arias

Novo equipamento nas aulas 10 e 11

As aulas 10 e 11 do instituto foron equipadas con notebooks e pizarras dixitais como se aprecia nas seguintes fotos.


Distribuir contido


by Dr. Radut