Skip to Content

Enlace co blogue do Collège Boris Vian

No seguinte enlace atoparedes fotos das actividades que se realizaron no intercambio Comenius entre o Collège Boris Vian e o IES A Sangriña.

blogue

Xornada de encontro de centros participantes na Axenda 21 Escolar Galega


O Encontro de centros participandes na Axenda 21 en Pontevedra tivo lugar o día 20 de maio. Participaron alumnos e alumnas da Axenda 21 e do grupo de teatro

Concerto das Letras Galegas


O concerto das Letras Galegas celebrouse o día 20 de maio no instituto. Participaron neste encontro poético-musical O Leo, Mini e Mero, Tino Baz, o grupo de pandeiretas Sae a Lúa, a xove artista do Rosal Alba Rodríguez, o alumnado do instituto e os profesores Alfredo Garrido e Nuria Vázquez.

O concerto foi unha festa da música galega, que mostrou a riqueza e a variedade da nosa cultura. O público asistente, numeroso e heteroxéneo, gozou e emocionaouse co espectáculo. Artistas e público manifestaron o orgullo de sermos herdeiros da rica cultura galega e tamén o compromiso coa defensa da nosa lingua

Obradoiro de improvisación teatral e clown


O obradoiro de improvisación teatral e clown tivo lugar os días 14, 15 e 16 de maio no IES A Sangriña. Participou alumnado do grupo de teatro e da Axenda 21. Profesor: Fran Rei de Culturactiva.

Xornadas "La Europa que educa". León, 14 de maio

O pasado 14 de maio unha delegación do grupo Comenius do IES A Sangriña participou, en León, nunha sesión de difusión dos proxectos europeos organizada polo Ministerio de Educación en colaboración con outros organismos baixo o lema "La Europa que educa", dentro dos actos da presidencia española na UE. No acto, presidido pola directora do Organismo Autónomo de Programas Europeos, Dna. Encarna Cuenca Carrión, os alumnos participantes no intercambio con Dinamarca falaron das súas experiencias no estranxeiro e participaron nunha charla cos representantes doutras iniciativas, como Erasmus e Leonardo da Vinci


Conferencia sobre a “Importancia da formación nos procesos de selección de persoal”

24/05/2010 12:00
24/05/2010 14:00
Etc/GMT+2

O luns 24 de maio ás 12:00 horas no salón de actos do centro celebrarase unha conferencia sobre a “Importancia da formación nos procesos de selección de persoal”, que ofrecerá   D. Antonio Garrote Cobello, responsable do departamento de Formación e Emprego da factoría Citroen.

Concerto día das letras galegas

20/05/2010 19:30
20/05/2010 20:00
Etc/GMT+2

30 DE ABRIL E 1 DE MAIO: VIAXE A FERROL E FRAGAS DO EUME

            PASEO POR FERROL. XARDÍNS RAÍÑA SOFÍA

 

            PASEO EN BARCO POLA RÍA DE FERROL

 

            VISITA ÁS FRAGAS DO EUME

 


23,24 E 25 DE ABRIL: CUARTA MOSTRA DE TEATRO DO MIÑO

                INAUGURACIÓN

                DON JUAN – TEATRO TARUMBA (OURENSE)

                CATALINA ZUCCO – ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO (A GUARDA)

                DRAMMÁTICO – ASOCIACIÓN TEATRAL PASO DE VALVERDE (A CORUÑA)

                O SEGREDO DE REBECA – XERATRIUM (SAN XEROME EMILIANI,

                A GUARDA)

                EMIGRANTES – ZUNZUM ASSOCIAÇÃO CULTURAL (VISEU – PORTUGAL)

                COMENDO PEMENTOS DE PADRÓN CON TARANTINO

                CARRACHANACACHA - (NARÓN)

                ABERTO POR FOLGA. CABARÉ LABORAL – TANGATUTANTA (SANTIAGO)

                PECHE


Distribuir contido


by Dr. Radut