Skip to Content

Novo equipamento nas aulas 10 e 11

As aulas 10 e 11 do instituto foron equipadas con notebooks e pizarras dixitais como se aprecia nas seguintes fotos.


Conferencia: O reto de educar no complexo mundo en que vivimos

08/03/2010 20:30
08/03/2010 21:30
Etc/GMT+2

 

Charla de Pedro Borrajo (ex Delegado de Traballo da provincia de Pontevedra)

02/03/2010 16:00
02/03/2010 18:30
Etc/GMT+2

 O profesor Pedro Borrajo (ex-delegado de Traballo da provincia de Pontevedra), ofrecerá unha charla o próximo martes 2 de marzo de 16:00 á 18:30 h. no salón de actos do IES A Sangriña. A charla forma parte das actividades relacionadas coas II Xornadas de Automoción e versará sobre os seguintes puntos:

- Formación e cualificación

- Mercado de traballo

- Relacións laborais nos conflictos colectivos

A charla está aberta a toda persoa interesada.

O 24 de febreiro remataron con éxito as II Xornadas de Automoción

         As “II Xornadas de Automoción” realizadas polo Departamento de Automoción do I.E.S. A Sangriña de A Guarda, remataron hoxe día vinte e catro de febreiro cunha afluencia de xente considerable. As devanditas Xornadas tiveron unha duración de dous días, tendo como poñentes o mércores vinte e tres o artesán local guardés Ángel Álvarez, restaurador de motocicletas antigas moi recoñecido no noso país e a Juan Jesús Iglesias, técnico de sistemas de pintura de Procolor que impartiu un curso teórico-práctico que tivo lugar ata as seis do serán, onde alumnos e traballadores de talleres de automóbiles da comarca puideron ver as novidades en canto aos novos sistemas de aplicación de pinturas ecolóxicas con base auga.

No día de hoxe abriu as Xornadas o Técnico especialista de Toyota, Antonio Rodeiro, representante do grupo Ibéricar Galicia, dando unha charla sobre as novas tecnoloxías híbridas utilizadas pola marca Toyota no seu novo modelo Prius, onde se puido observar que este vehículo moi novidoso en canto á emisións contaminantes e a utilización combinada de motor de explosión e motor eléctrico fan do Prius a nova xeración de vehículos que xa están nas nosas estradas. O alumnado adquiriu unha nova filosofía en canto a sistemas anticontaminantes e despediu o especialista cunha ovación unánime. O seguinte relator, José Luís Fernández, especialista en fabricación de pistóns desprazouse ex profeso dende a sede central da marca Tarabusi, sita en Bilbao, eloxiando a iniciativa realizada polo Departamento de Automoción do IES A Sangriña e poñendo a disposición do centro educativo o seu total apoio para as vindeiras Xornadas técnicas.

Por último e para despedir as Xornadas asistiu o secretario provincial de ATRA (Asociación de Talleres Reparadores do Automóbil), José Manuel Rodríguez Simón, dando a noraboa ao Departamento de Automoción e facendo fincapé aos alumnos na necesidade de preparación dos futuros mecánicos, adiantando que a profesión de mecánico está a sufrir un cambio en canto ao recoñecemento e cualificación, sendo os mecánicos de nova xeración especialistas non só en mecánica, senón tamén en informática e electricidade. Facendo desta profesión unha das máis completas en canto a coñecementos.

 

II XORNADAS PROFESIONAIS DE AUTOMOCIÓN

23/02/2010 08:40
24/02/2010 14:00
Etc/GMT+2

Os días 23 e 24 de febreiro terán lugar as II Xornadas Profesionais de Automoción no IES A Sangriña. Tedes o programa a continuación.

Bases da 4ª Mostra de Teatro non profesional do Miño Feixó de Araúxo

 

Pódense consultar as bases no arquivo adxunto. Contactos da organización: + 34 986 609 015     teatrominho@yahoo.es

Falemos de amor. Concurso de mensaxes

Co motivo da celebración de San Valentín durante todo o mes de Febreiro o alumnado do IES A Sangriña pode enviar unha declaración de amor a través do correo electrónico.

Recordando a III Mostra de Teatro Feixó de Araúxo_09

Vídeo homenaxe a III Mostra de Teatro Feixó de Araúxo realizado polo alumno Pablo Lomba Riego. Próximamente teremos novidades sobre a 4ª edición.

Somos Comenius

O pasado xoves 28 de xaneiro de 2010, o IES A Sangriña foi seleccionado para participar no acto de entrega das placas “Somos Comenius” organizado polo OAPEE (Organismo Autónomo de Programas Educativos Europeos) e pola Unidade de Programas Europeos da Consellería de Educación.

O acto, que tivo lugar na Escola Galega de Administración Pública, estivo presidido pola Directora de Comenius en España, Mª Dolores López Mollo, que informou sobre as novidades do programa.

Jorge Dorado González, de 2º B de Bacharelato, foi convocado pola Consellería para representar ao grupo de Comenius Bilateral con Dinamarca do IES A Sangriña cunha disertación sobre os beneficios que reporta aos estudantes a participación nos intercambios.

Reportaxe da exposición da Mariposa Monarca


Distribuir contido


by Dr. Radut