Skip to Content

Alumnos do IES A Sangriña no EMAX

  

Os días 6, 7 e 8 de febreiro Carlos Fernández López e Sara Pérez Martínez, alumnos de 2º de Bacharelato do IES A Sangriña participaron no III Encontro-Mostra Asociativa Xuvenil (EMAX) de Galicia e Norte de Portugal, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade da Xunta de Galicia e celebrado no pavillón Multiúsos Fontes do Sar en Santiago. A eles uniuse Edna Patricia Moreira Martíns, que foi alumna do noso instituto e agora xa está na universidade de Compostela.

Os mozos, coñecidos artistas do Teatro do Falabarato, no seu stand presentaron para a mocidade galega e portuguesa a 3ª Mostra de Teatro do Miño, que se celebrará na Guarda e en Goián os días 23, 24, 25 e 26 de abril e na que participarán unha vez máis grupos de teatro afeccionado de toda Galiza e Portugal.



book | by Dr. Radut