Acto de graduación

Un dos momentos mais esperados para todo o alumnado que remata unha etapa educativa é o seu ACTO DE GRADUACIÓN. Pois ben, o XOVES 23 DE MAIO ás 19:00 h, no salón de actos do noso IES celebraremos o remate das distintas etapas educativas que ofrecemos: ESO, BACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E SUPERIOR.

No arquivo adxunto tedes toda a información

 

 

 

 

 

 

 

 


EXCURSIÓN ÁS FRAGAS DO EUME

Os días 6 e 7 de maio visitamos as Fragas do Eume. Natureza, patrimonio, cultura, respecto polo medio. O alumnado deu unha lección de comportamento e educación medioambiental. Magnífica a organización no Albergue Xuvenil Alvarella. Grazas a Sira, José e Sofía. Paseo pola foz do Eume con Firrete.

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

 

Taller de primeiros auxilios

O departamento de FOL organizou un taller de primeros auxilios que se desenvolveu no Centro nol mes de abril e no  que participou todo o alumnado de 1º curso de todos os ciclos formativos.

COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO ARTÍSTICO-XEOLÓXICO

O pasado 25 de abril o noso alumnado de 3º ESO e de 1º BACH participou nunha saída de campo guiada polo doutor en Xeoloxía, Fran Canosa dentro do programa educativo “Coñecendo as rochas que pisas”. Da man de Canosa puideron identificar de xeito ameno e directo: procesos, estruturas e materiais xeolóxicos da paisaxe da nosa contorna.

Así mesmo, visitaron o complexo arqueolóxico romano “Aquis Querquennis”, sito na parroquia de Baños de Bande e formado por un campamento romano e unha mansión-viaria. Alí visitaron o Centro de Interpretación aprendendo máis acerca da “Cidá”. Tamén se achegaron a capela visigoda de Santa Comba de Bande, unha das poucas mostras de arte visigoda en Galicia. Data do século VII, con engadidos astures posteriores do s. IX. Representa un dos estilos artísticos que se desenvolven na Europa Occidental e que agrupamos baixo no nome de arte prerrománica. O material construtivo é a pedra de granito e para o abovedamento, o ladrillo.  

As fotos no noso facebook…

Viaxe didáctica Bruxelas, Amsterdam 2019

E XA ESTÁN AQUÍ AS FOTOS DA VIAXE BRUXELAS-AMSTERDAM 2019.- Recordos de Bruxelas, elegante “Capital de Europa”, da dinámica Gante co seu carácter de cidade universitaria, de Bruxas cidade medieval que semella un conto de fadas, de Amberes, cidade de referencia en canto a deseño, ambiente nocturno e fusión multicultural e como non da marabillosa Amsterdam, símbolo universal de tolerancia e liberdade. Podedes ver todas as fotos no noso facebook

Acto cos futuros alumnos Erasmus no IES 12 de Outubro

Os centros educativos membros do Consorcio FP Ourense (IES 12 de Outubro, CIFP A Farixa, CIFP A Carballeira, CIFP Portovello) reuniron os alumnos beneficiados cunha beca Erasmus de educación superior no presente curso nunha xornada onde puideron coñecer distintas experiencias de alumnos e profesores que realizaron a súa estadia en anos anteriores. O acto estivo presidido pola Xefa Territorial de Educación, os Directores dos centros e representantes de Inspección Educativa. 

VIAXE DIDÁCTICA 2019

No 2016 visitamos París e Roma, no 2017 foi Londres, o curso pasado estivemos en Berlín e neste curso viaxaremos a... Bruxelas e Ámsterdam.

52 alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º e 2º de Bacharelato acompañados de catro profesoras do noso Centro viaxarán do 22 ao 26 de marzo ata Bruxelas, Gante, Bruxas, Amberes e Ámsterdam.

Á volta prometen fotos da experiencia... Mentres podedes ver o programa da viaxe no seguinte enlace:

 

Horario Secretaría 6 de marzo

Infórmase que o vindeiro mércores día 6 de marzo a secretaría do centro abrirá entre as 9.30 e as 13.30, para facilitar ós pais e nais de alumnos os trámites para a preinscripción no centro

 

Corrección de erro nos horarios de exames PD

ATENCIÓN: corrección en el horario del examen de Perda de Avaliación continua de Mecanizado por Control Numérico de 2º CS Programación da Producción en Fabricación Mecánica, que es de 16,00 a 21,00 horas y no de 16,00 a 19,00 horas como estaba puesto en un principio.

Distribuir contido