FOL

III Semana da Empresa e o Emprendedor. Conclusións

Nun intento por achegar a realidade empresarial e laboral ao alumnado do centro, os departamentos de Formación e Orientación Laboral e de Economía do IES 12 de Outubro de Ourense organizaron a “3ª semana da empresa e o emprendedor”.

Estas xornadas celebráronse desde o 23 ao 27 de xaneiro, onde cada día tivo lugar unha conferencia impartida por profesionais do mundo da empresa, expertos en marketing, comunicación e creación de emprego.

 

O programa contou coa colaboración de Xosé Lois Reza, Presidente de Markea e do Clúster de Comunicación de Galicia,Manuel Ángel Carracedo Rodríguez, Xefe de Administración e responsable de tesourería de COREN,  Núria Sotelo Rodríguez, Xerente de Profocus Studio, e de Gerardo Rodríguez Martínez, Director do departamento de sistemas de REDEGAL.Silvia Calvo, Consultora especializada en selección de persoal de NORTEMPO, e mesa redonda con representantes de empresas relacionadas coas familias profesionais que se imparten no IES 12 de Outubro: Ángel José Gorgoso, de electricidade, Ángeles Carballido, de estética, Manuel Pérez Santana, de mecanizado, e José Pablo Figueiras, de peiteado.

 

III Semana da Empresa e o Emprendedor

A próxima semana teremos conferencias, mesas redondas... Un cartel de luxo para complementar a formación do noso alumnado

https://www.facebook.com/ies12deoutubro

Distribuir contido