Educación física

Resultados dos noso alumnado na "San Martiño 2016"

Aquí tedes os resultados acadados polo noso alumnado na Carreira Popular San Martiño 2016

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS- MARTES DEPORTIVO

Rematou o campionato de BALONCESTO 3X3, que consistiu nunha liguilla a doble volta   entre os 3 equipos inscritos: “1º ESO A”, “CABACEPAS C.B.” e “FURAFOLLAS C.B. Despois dunha competición moi igualada, leváronse a victoria  os “CABACEPAS C.B.” seguidos dos “FURAFOLLAS C.B.” e “1º ESO A”.

               Destacar ao máximo anotador: ALEX CAMBRA

 

¡NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES! E AGORA SÓ ESPERAR Á ENTREGA DE TROFEOS AO FINAL DE CURSO.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS- MARTES DEPORTIVO

Rematados os torneos de PALAS/TENIS (CON 11 PARTICIPANTES) e de BÁDMINTON MIXTO (CON 12 PARTICIPANTES), que se estiveron celebrando durante o último mes e medio, achegamos os resultados dos mesmos:

PALAS/TENIS MASCULINO

CAMPIÓN: Pablo Prol

2º CLASIFICADO: Brais Lamas

3º CLASIFICADO: Carlos Rguez.

PALAS/TENIS FEMININO

CAMPIONA: Noa Pérez

2ª CLASIFICADA: Alexia Moreiras

PALAS/TENIS DOBLES

CAMPIÓNS: Pablo Prol/Alex Cambra

2º CLASIFICADOS: Brais Lamas/Andrés Domínguez

3º CLASIFICADOS: Zadkiel Gutiérrez/Manuel Castro

BÁDMINTON FEMININO

CAMPIONA: Yanelly Severiche

2ª CLASIFICADA: Alexia Moreiras

BÁDMINTON MASCULINO

CAMPIÓN: Diego Escobar

2º CLASIFICADO: Aser Iglesias

3º CLASIFICADO: Zadkiel Gutiérrez

 

Parabén a todos os participantes. Agora daremos paso á competición de BALONCESTO 3X3. Seguiremos informando.

ACTIVIDADES DEPORTIVAS- MARTES DEPORTIVO CURSO 2015/16

Un curso máis disputouse o campionato interno de FÚTBOL SALA  dentro da campaña “MARTES DEPORTIVO” como actividade deportiva extraescolar que se desenvolve os martes entre as 16:00 e as 17:40 horas.

            Inscribíronse 5 equipos masculinos, femininos e mixtos. A primeira fase xogouse polo sistema de liga a dobre volta. Posteriormente os 4 primeiros clasificados xogaron as semifinais (1º contra 4º e 2º contra 3º).      

            O martes día 2 de febreiro, despois dunha igualada fase de liguilla, disputáronse os partidos para o 3º e 4º posto e a GRAN FINAL.

            O 3º posto logrouno “XIGANTES” ao impoñerse claramente a “EQUIPAZO F.C.”

            Á final chegaron os equipos “OS CABACEPAS U.D.” e “H D P”. Pronto conseguiron vantaxe no marcador os primeiros, que presumían dun triunfo fácil. Pero no segundo tempo, reaccionou “H D P” logrando poñense a só dous goles de desvantaxe, con moito tempo por diante. Con todo, los “CABACEPAS” acabaron impoñendo a súa calidade futbolística e gañaron 8-5.

            Destacar tamén que a máxima goleadora feminina da competición foi PAULA PEREIRO con 11 goles e o masculino JONATHAN AMADO con 36 goles.

 

            Os próximos campionatos serán de PALAS/TENIS e BÁDMINTON. Seguiremos informando.

Podedes ver as fotos dos equipos no noso facebook

 

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Estáse a celebrar o campionato interno de FÚTBOL SALA  dentro da campaña “MARTES DEPORTIVO” como actividade deportiva extraescolar que se celebra os martes entre as 16:00 horas e as 17:40 horas.

 

            Inscribíronse 12 equipos de tódolos cursos. A competición consta de 2 grupos. No grupo A incluíronse 8 equipos masculinos que xogarán polo sistema de liga a dobre volta e os 4 primeiros clasificados xogarán as semifinais (1º contra 4º e 2º contra 3º). No grupo B incluíronse 4 equipos femininos e mixtos que xogarán tamén polo sistema de liga a dobre volta.

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

Compoñentes do departamento de Educación Física

 

Nome e apelidos Cargo
D. Nivardo Pérez Paredes Xefe do Departamento

 
Distribuir contido