Bioloxía e xeoloxía

Caseta meteorolóxica. Datos 2018

O ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA PRESENTA os datos da caseta meteorolóxica e o estudo das nubes na campaña de primavera 2018 dentro do proxecto Ríos. Podedes consultar os datos nos documentos que se adxuntan.

Saída didáctica a Ridimoas e ao complexo castrense de S. Cibrán de Lás

O noso alumnado de 1º ESO participou nunha saída ao Bosque de Ridomoas para disfrutar dun entorno natural cunha rica diversidade de flora e fauna. Xa pola tarde aprenderon en S. Cibrán de Lás algo máis de cómo era a vida nos castros.

Máis fotos no noso facebook…

SAÍDA A PARADA DO SIL PARA COÑECER O NOSO PATRIMONIO CULTURAL E NATURAL.

O alumnado de 3º ESO e 1º Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, participou nunha saída didáctica a Parada do Sil. Acompañados dun experto en xeoloxía, descubriron distintos aspectos da xeomorfoloxía da nosa contorna. Visitaron a necrópole de San Vitor de Barxacova, os balcóns de Madrid e outras moitas estruturas de interese no Concello de Parada do Sil. As fotos están no facebook

10 ANOS DE PROXECTO RÍOS E… SEGUIMOS

Estamos de celebración… xa son 10 anos de proxecto Ríos e seguimos saíndo ao río Loña e muestreando os últimos 500 metros ata a súa desembocadura. O noso alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía e de 1º Bacharelato de Cultura Científica obtiveron os datos para a campaña de primavera – 2018. Foi unha xornada de aprendizaxe no campo e de… celebración.

 

O resto das fotos… no noso facebook 

Charla Xurxo Mariño

Este martes, 10 de abril pasou polo noso Centro Xurxo Mariño, biólogo, especialista en neurofisioloxía, quen publicou este ano o libro que recolle a súa experiencia como viaxeiro curioso: “Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”. Desta viaxe e das súas experiencias ao longo do planeta veunos a falar ao instituto.

Cos ollos e a mente ben abertos, gozamos con Xurxo dunha viaxe incrible arredor do mundo…

 

VIII DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

E unha vez máis celebramos no Centro o Día da Ciencia en Galego, e xa vai o oitavo. Este ano 2017, Ano Internacional do Turismo Sostible, preparamos 2017-Viaxes pola Ciencia: construímos un mapa xigantesco para celebrar os Viaxes do Beagle, repasamos a vida e obra de Domingo Fontán autor da Carta Xeométrica, fixemos o noso Camiño de Santiago particular, investigamos debuxos xigantes como os de Nazca, preparamos información sobre viaxes sostibles pola nosa Galicia, e xeorreferenciamos o noso insti e outros lugares de interese.

A biblioteca preparou un marcapáxinas conmemorativa que recibiu todo o noso alumnado.

 

E para rematar a celebración visitounos ese día o  doutor Anxel Carracedo, científico que defende o emprego do galego en divulgación, porque o único xeito de emocionar é usar a propia lingua. Carracedo ofreceunos a conferencia: “CSI: made in Galicia”. CELEBRANDO POR TODO O ALTO

 

 

PROXECTO RÍOS: CAMPAÑA OUTONO-2017

E como todos os cursos saímos na busca dos datos do río Loña para a campaña de outono 2017. O  noso alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º ESO e de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente de 2º BACH traballou toda a mañá para elaborar un diagnóstico da saúde dos últimos 500 m do río. Os datos e as fotos foron enviados para formar parte do informe anual que ADEGA emite sobre a saúde dos ríos galegos.

Podedes ver todas as fotos desta saída no noso facebook

 

APRENDEMOS DOUTRO XEITO NO LABORATORIO DE CIENCIAS

Un ano máis continuamos a usar o laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía como elemento facilitador do aprendizaxe das ciencias. Usamos as prácticas como estratexia didáctica para desenvolver as competencias do noso alumnado. As ciencias poden ser tamén divertidas. 

 

CASETA METEOROLÓXICA E NUBES

Unha vez máis o noso alumnado de Cultura Científica traballou e preparou un cadro cos datos da caseta meteorolóxica e máis fotografou e estudou as nubes coincidindo coa campaña de outono dentro do Proxecto Ríos.

 

Nos documentos adxuntos pódense consultar todos os datos.

CONFERENCIA SOBRE BIODIVERSIDADE

O pasado 29 de novembro estivo no noso Centro o profesor e doutor en Bioloxía Óscar Reverter Gil para ofrecernos unha charla titulada: “Biodiversidade: quen conta as especies?” Interesante actividade da man dun especialista en bioloxía mariña, para explicarnos a importancia da conservación da biodiversidade e o traballo dos científicos.

Distribuir contido