Filosofía

Día mundial da Filosofía

Preme aquí para ver a actividade que realizou o noso alumnado

III Olimpiada Galega de Filosofía

O departamento de Filosofía do IES 12 de Outubro participou na III Olimpiada Galega de Filosofía na modalidade de disertación e do certame fotográfico enmarcada nunha temática estética ao ter que respostar ou dar forma a pregunta, “Que é a beleza?”.  Os obxectivos de dita proba resúmense en achegar a filosofía á realidade do alumnado, e aumentar así a súa presenza dentro do ámbito escolar,  amosando a súa necesidade e función dentro da nosa sociedade.  E potenciar a reflexión e o pensamento crítico, traballando as competencias básicas, fundamentalmente o tratamento da información e competencia dixital, a competencia  en comunicación lingüística, a social e cidadá, a cultural e artística, así como a capacidade de aprender a aprender, e a potenciación da autonomía e a iniciativa persoal.

 Tras unha selección realizada no propio centro por un xurado de tres miembros, enviarónse una disertación de Andrés López Real e tres fotografías de Isabel Batista Sancha, Pablo Nogueira Ramos e Roque Díaz Álvarez, alumnos de 1º de Bacharelato.  O pasado 23 de Febreiro recibimos a comunicación da organización que a fotografía de Roque Díaz Álvarez estaba seleccionada e tiña que ser defendida polo alumno na final a celebrar na Facultad de Filosofía en Santiago de Compostela o día 3 de Marzo.

A fotografía de Roque Díaz Álvarez feita nas cercanías do castelo francés de Quéribus, nunha excursión pola Provenza organizada polo Departamento de Francés do IES 12 de Outubro, foi a gañadora da Olimpiada Galega de Filosofía. O alumno terá a posibilidade de defender a súa foto na Olimpiada de Filosofía de España a celebrar en Oviedo os días 15 e 16 de Abril.

 

Norabóa aos participantes e premiados e moita sorte para Roque.

 

Membros do Departamento

Pilar Lado Eiriz, Xefa de Departamento

Distribuir contido