FOTOS VIAXE DIDÁCTICA A LONDRES

Xa están aquí as fotos da nosa viaxe a Londres. Foron días de compartir, de aprender a acada momento, lonxe da nosa rutina que nos encheu de novas ideas e que nos permitiu coñercernos mellor a nos mesmos

Podedes ver mais fotos no noso facebook

 

 

Resumo oferta formativa

No seguinte enlace tedes un vídeo resumo da nosa oferta formativa

Preme aquí

ACTO GRADUACIÓN

O pasado 29 de maio celebramos o "Acto de Graduación" para todo alumnado que remata etapa académica. Podedes ver todas as fotos no noso facebook

Saída didáctica do Departamento de Electricidade

O pasado día 30 de maio, e como cada curso, o departamento de electricidade xunto cos seus alumnos fixemos unha saída didáctica (fomos de excursión) para ver a central térmica de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e como nos sobrou un algo de tempo acercámonos a contemplar e gozar desa marabilla que temos na costa norte que é a praia das Catedrais.

A visita a central foi altamente instrutiva e cumpriu as nosas expectativas, a única pega foi a prohibición de facer fotos por mor da espionaxe industrial, así que só fixemos a foto de grupo diante da entrada.

Na praia fixemos unha chea de fotos e para non lle poñer os dentes longos a ninguén só axuntamos un par delas.

 

Paramos a xantar en Burela, onde inda se pode xantar ben e por un prezo razoable e dende a capital do bonito retornamos á base.

CALENDARIO PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E DE TÉCNICO SUPERIÓR DE CICLOS FORMATIVOS

CALENDARIO PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E DE TÉCNICO SUPERIÓR DE CICLOS FORMATIVOS

2017

 

o  

XORNADA DE ACOLLEMENTO:

7  XUÑO,  ÁS 13:00 HORAS  NO SALÓN DE ACTOS.

 

o  

EXAME PARTE TEÓRICA:                  8  a  13  XUÑO

o  

PUBLICACIÓN NOTAS (TEORÍA)                   14 XUÑO

 

o  

EXAME PARTE PRÁCTICA:                 15  a  21   XUÑO

 

o  

XORNADA DE AVALIACIÓN:                         22   XUÑO

o  

 CICLO MEDIO

o  

 CICLO SUPERIOR

 

o  

PUBLICACIÓN DE NOTAS:                   27   XUÑO

 

o  

RECLAMACIÓN:                                 27 - 28 XUÑO

 

v

 AS PROGRAMACIÓNS DOS DISTINTOS MODULOS ESTÁN EN FORMATO IMPRESO NA ENTRADA DO CENTRO.

ADXUNTAMOS EN PDF OS HORARIOS DAS PROBAS A REALIZAR NO CENTRO, DIFERENCIADAS POR FAMILIAS PROFESIONAIS (ELECTRICIDADE, IMAXE PERSOAL E MECANIZADO).

NOVO. Publicación das bases para a solicitude de mobilidades FCT no estranxeiro CURSO 17-18.

Comeza o prazo para solicitudes de mobilidades, tanto para alumnado de ciclos medios para a realización da FCT no periodo setembro-decembro, como para o alumnado titulado de ciclos medios que desexe realizar prácticas profesionais de 6 meses de duración e persoal docente

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información

 

Prácticas en Europa. Programa Erasmus +

O noso alumnado de ciclos xa comenzou a súa formación en centros de traballo,  igual que en anos anteriores, temos  alumnos realizando as prácticas no  extranxeiro baixo o programa ERASMUS+.

Silvia Carreiro González e Tania Fernández Almeida do CM de Peiteado e cosmética capilar, están a realizar a sua mobilidade en Portugal, en Monçao e Chaves respectivamente. Alexandra Iuliana Epure, tamén do CM de Peiteado e cosmética capilar, encontrase en Dublín (Irlanda).

 

Tania Martínez Vázquez do CM de Estética disfuta da súa mobilidade en Ilmajoki (Finlandia) e Martín Álvarez Varela, do CS de Programación da producción da fabricación mecánica está en Bratislava (Eslovaquia)

Maruja Mallo

O alumnado do departamento de Ciencias Sociais realizou unha exposición sobre Maruja Mallo, herexe, blasfema e emancipada dun mundo no que non encaixaba, coa súa  estética transgresora  e  a  súa  arrolladora  personalidade foi capaz romper coa hexemonía que  a  ataba,como muller, a súa  casa e  aos  seus labores, facéndose un oco no sectario mundillo da arte do século XX ata chegar a convertirse en  unha das máis representativas figuras da Xeración do 27 e un dos grandes expoñentes internacionais do Surrealismo figurativo.

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

 

Distribuir contido