E chegou a celebración do día da ciencia en galego

O pasado día 4 de Novembro, o noso Centro celebrou o VII Día da Ciencia en Galego un ano mais. Este ano adicado á Bioloxía nas figuras de Gregor Mendel e de Cruz Gallastegui Unamuno, introdutor do millo híbrido e renovador da agricultura galega. A ONU declarou o 2016+ ano Internacional dos legumes e Mendel traballou con legumes para deducir as súas tres famosas leis da herdanza. O noso Centro tentou promover o consumo das legumes colocando carteis nas nosas escaleiras sobre os beneficios do seu consumo. Así mesmo, montouse o restaurante "Legumina consumite" onde os rapacesde 4º ESO de bioloxía prepararon receitas de diferentes partes do mundo cuxo ingrediente principal eran os legumes. O alumnado de tecnoloxía de 4º ESO construíu un carro para facer un pequeno mercado de legumes e por último, coa colaboración do alumnado de cultura científica de 1º Bacharelato e de 4º ESO de bioloxía, as figuras de Mendel e Cruz Gallastegui reinan no noso centro. Podedes ver as fotos no noso facebook.

 

Estudando as nubes e tomando datos na caseta meteorolóxica

O alumnado de cultura científica de 1º Bacharelato, en relación ao proxecto ríos, estudou durante varios días as nubes e tomou datos na caseta meteorolóxica do centro. Usando claves para determinar os días, fotografaron e clasificaron as nubes. Ademais, cada día acudían no recreo á caseta meteorolóxica para tomar os datos de temperatura, presión e humidade na mesma. Os informes pódense consultar no departamento de bioloxía e xeoloxía.

Podedes ver as fotos no noso facebook.

 

El poeta que pensó que sería olvidado.

Aquí vos deixamos unha pequena reflexión de Alba Rodríguez, alumna de 4º ESO, sobre a poesía e Gustavo A. Becquer.

 

Un curso mais de Proxecto Ríos

O pasado 25 de outubro o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO, un ano mais-e con este xa van 9- desprazouse ata a desembocadura do río Loña. Alí, os últimos 500 metros levou a cabo unha inspección para comprobar o estado do río. A idea é concienciar e educar ao alumnado na defensa dos nosos ríos. Os rapaces e rapazas investigaron: flora, fauna, macroinvertebredos, pH, temperatura, nitratos, osíxeno disolto entre outras cuestións para determinar a saúde do río Loña. Podedes ver as fotos no noso facebook.

 

Bailamos en Anatomía aplicada

O alumnado de 1º de Bacharelato de Anatomía aplicada traballou de xeito práctico os tres factores que determinan o movemento: a coordinación o equilibrio e o ritmo. Con Inés Araujo, monitora de "Sabrosura escola de baile e fitness" iniciáronse nos bailes latinos e no zumba

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

 

Charla Imaxe Persoal

O día 25, organizada polo Departamento de Imaxe Persoal, tivo lugar unha charla na que se trataron os fundamentos da imaxe persoal na imaxe pública, a percepción, o estilo, a antropometría, a proporción (liñas, formas e volumen…), a harmonía e equilibrio da imaxe, os efecto visual, os efecto ópticos e a colorimetría.

Dos contidos encargáronse Javier Rouco e Manuel Pouse (profesores de imaxe persoal dei IES Perdouro de Burela) que se desprazaron ao noso centro en compañía de Miruca Parga, Antón Niñe e os alumnos de 2º de Ciclo Medio de Peiteados e Recolleitos e de 2º de Bacharelato que aproveitaron para visitar as instalacións de Estética e Perrucaría.

 

Á charla asistiu o alumnado dos distintos ciclos de Imaxe Persoal do 12 de Outubro.

Imaxe persoal- Halloween

Imaxe persoal- Halloween

A proposta dos alumnos do módulo márketing de Imaxe persoal o Departamento levou a cabo unha actividade en Halloween que consistiu en decorar parte do IES con motivos relativos á devandita celebración e elaborados polos alumnos. Colaboraron con seis maquillaxes os alumnos do módulo de Maquillaxe do Ciclo Medio de Estética e Beleza.

A través da familia profesional de Imaxe Persoal, o alumnado adquire a aprendizaxe necesaria para saber identificar e aplicar as ferramentas necesarias para transmitir, non só palabras, senón tamén emocións en cada contexto no que se atope.

 

A maquillaxe de fantasía e a decoración de Halloween son esaxerados, coloristas e ao a vez sombríos e están deseñados para crear medo, pánico, terror…

 

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

COMEZAMOS O CURSO

ACTIVIDADES DE INICIO DE CURSO 2016-17

XOVES 15 DE SETEMBRO

PRESENTACION DE CICLOS E BACHARELATOS NO SALON DE ACTOS

HORARIO

CURSO

10:30

2º CURSO DE TPODOLOS CICLOS (MEDIOS E SUPERIORES)

11:00

1º CURSO DE TODOLOS CICLOS (MEDIOS E SUPERIORES)

12:00

2º DE BACHARELATO

12:30

1º DE BACHARELATO

VENRES 16 DE SETEMBRO

PRESENTACION DA ESO NO SALON DE ACTOS

HORARIO

CURSO

10:00

2º ESO

10:20

3º ESO

10:40

4º ESO

11:00

1º ESO

LUNS DIA 19

      - AS 12:00,      PRESENTACION 2º FP BASICA.

CLASES MARTES 20 AS 8:30

 

CLASES O LUNS DIA 19:   - AS 8:30 HORAS PARA TODOLOS GRUPOS

IMPORTANTE: Logo de cada presentacion no Salon de Actos, cada grupo acudirá co seu titor a aula correspondente.

O dereito e o deber de facer algo.

Hoxe saímos en "La Voz de Galicia". O alumnado do noso IES, a través do Departamento de Xeografía e Historia,  involucra a diferentes institucións nun proxecto didáctico sobre a situación dos refuxiados. 

Aquí tedes o enlace á noticia

 

 

 

Distribuir contido