Entrega de cestas sorteo viaxe didáctica Bruxelas-Ámsterdam e saída didáctica Fragas do Eume

O 24 de decembro fíxose entrega das cestas de Nadal sorteadas para recadar cartos para a viaxe didáctica a Bruxelas e Ámsterdam e para a saída didáctica ás Fragas do Eume.

O boleto gañador foi o número: 07181, é dicir, aquel que coincidíu coas catro últimas cifras do sorteo da once do 21 de decembro, tal e como figuraba nas rifas. 

Este boleto foi un dos que quedou no centro sen vender, polo que o premio declarouse deserto. Por esta razón, faise unha donación do mesmo ao comedor social de Cáritas. Nas fotografías o vicedirector do noso centro acompañado dunha profesora fan entrega das cestas cargadas de alimentos a encargada e os voluntarios e voluntarias deste comedor.