CONFERENCIA SOBRE BIODIVERSIDADE

O pasado 29 de novembro estivo no noso Centro o profesor e doutor en Bioloxía Óscar Reverter Gil para ofrecernos unha charla titulada: “Biodiversidade: quen conta as especies?” Interesante actividade da man dun especialista en bioloxía mariña, para explicarnos a importancia da conservación da biodiversidade e o traballo dos científicos.

Día mundial da Filosofía

Preme aquí para ver a actividade que realizou o noso alumnado

Conferencia de Ángel Carracedo

Hoxe temos o privilexio de recibir a visita de Ángel Carracedo. O noso alumnado de ESO, BACHARELATO e Ciclos Formativos asistirán á charla que vai impartir a partir das 12:00 h.

Estancia profesional docente en Portugal

A profesora Ana Buján participou nunha estadía a través do programa Erasmus+

 

 

Contratación da cafetería

Nos arquivos adxuntos está toda a información para optar á adxudicación da cafetería do noso centro

CLUB DE LECTURA, XUNTANZA EN SANTIAGO

Un grupo de alumnos que forman parte do club de lectura xunto coa profesora encargada da biblioteca "José Ángel Valente" do noso IES representaron ao Centro nunha Xuntanza que tivo lugar enSantiago. A lectura serviu de nexo de unión interxeracional e como punto de partida para compartir experiencias. Sen dúbida unha experiencia inesquecible para alumnos e profesora.

Podedes ver as fotos no noso facebook

 

ESTUDO DAS NUBES E DATOS DA CASETA METEOROLÓXICA

Dentro da materia de Cultura Científica e coincidindo co Proxecto Ríos, o alumnado estudou durante dúas semanas os distintos tipos de nubes, facendo todos os días unha fotografía para a súa clasificación. Así mesmo, tomaron datos na caseta meteorolóxica para comprender un pouco sobre meteoroloxía.

 

Podedes verf os datos recollidos e o estudo feito neste enlace:

Datos caseta primavera 2017

Nubes primavera 2017

 

APRENDENDO NO LABORATORIO

todos os cursos o alumnado de ciencias do noso centro realiza diferentes prácticas no laboratorio de Bioloxía. Trátase de aprender dun xeito diferente, facendo real aquilo de: o que escoita se esquece, o que se ve recórdase e o que se fai apréndese.

 

Distribuir contido