Admisión a ciclos formativos de Formación Profesional curso 2020-21

Ata o de agora non hai datas confirmadas para a matrícula. Deixamos aquí o enlace da páxina web da Consellería onde se irá publicando toda a información

www.edu.xunta.es/fp

AVISO BIBLIOTECA

O alumnado que teña libros prestados da Biblioteca Escolar do IES 12 de Outubro debe pasar a devolvelos sen falta, a semana do 8 ao 12 de xuño, en horario de mañá, nunha bolsa de plástico co seu nome e curso rotulado. Grazas

Optativas ESO e Bacharelato

No arquivo adxunto tedes os distintos itinerarios, materias optativas... por cada nivel de ESO E BACHARELATO para que podades ir pensando en que elexir o próximo curso.

AÍ VEN O MAIO

Estreamos a canle de Youtube oficial do noso IES cun vídeo-montaxe sobre os maios feitos polo noso alumnado neste confinamento.Pincha aquí para velo, non volo perdades

 

REESTABLECEMENTO DO PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO DA ESO PARA O VINDEIRO CURSO 2020-21



PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: se inicia o 11 de Maio de 2020 e rematará  o 18 de maio.

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN : ata o 26 de maio de 2020

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS: Antes de 9 de xuño do 2020

PRAZO RECLAMACIÓNS: 3 días  hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación

PUBLICACIÓN DAS LISTASXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO:  ata o 26 de xuño de 2020

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO E BACH: Do 1 ao 10 de xullo. Prazo extraordinario do 1 ao 10 de setembro

Orientacións académicas

Dende o Departamento de Orientación poñen á disposición de todo o alumnado unha serie de presentacións sobre a estructura dos cursos, materias, optatividade, itinerarios...Sería interesante que consultedes o seguinte curso que estades a realizar neste momento. Deste xeito, un alumno que neste momento curse 2º ESO pode botarlle unha ollada ó que vai ter en 3º ESO...

Podedes consultar nos arquivos adxuntos que figuran a continuación.

Horarios por cursos e materias ESO e BACHARELATO

Picando aquí tedes o horario orientativo para a realización de tarefas das distintas materias mentres continuemos sen poder volver ás aulas presenciais.

Axudas alumnado beneficiario bolsas de comedor. Urxente

Axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19

Lun, 30/03/2020 - 09:34

Orde do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

  • Tendo en conta a especial vulnerabilidade do colectivo beneficiario e a inmediatez con que debe de ser atendido, establécese un prazo especial de presentación de solicitudes para atender o pagamento das compensacións que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e rematará o 6 de abril, ambos os dous incluídos.
     

 

Distribuir contido