Visita ó Museo e ó xornal de La voz de Galicia
Bacharelato e 3º PMAR visitamos Arteixo ( vimos a zona de Inditex) e visitamos con guía o Museo da Voz, a redacción, a zona de impresión (rotativas, tanques de tinta, materiais empregados...) e a zona de empaquetado e distribución do xornal.
Conmemoración Día do Libro.
Hoxe entregamos un lote de libros á gañadora do "Concurso de capas ficticias": a alumna Erea Lamas, de 2º ESO B, recibíu o premio de mans de Carlos Pérez, Coordinador de Biblioteca e profesor de CCSS.
Noraboa!
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN DAS PROBAS LIBRES DE TÍTULOS DE FP LOE
Pinchando aquí tedes toda a información
Charla Xurxo Mariño
Este martes, 10 de abril pasou polo noso Centro Xurxo Mariño, biólogo, especialista en neurofisioloxía, quen publicou este ano o libro que recolle a súa experiencia como viaxeiro curioso: “Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”. Desta viaxe e das súas experiencias ao longo do planeta veunos a falar ao instituto.
Cos ollos e a mente ben abertos, gozamos con Xurxo dunha viaxe incrible arredor do mundo…
Acto cos futuros alumnos Erasmus no CIFP A Farixa
Os centros educativos membros do Consorcio FP Ourense (IES 12 de Outubro, CIFP A Farixa, CIFP A Carballeira, CIFP Portovello) reuniron os alumnos beneficiados cunha beca Erasmus no presente curso nunha xornada con distintas exposicións de alumnos e profesores que realizaron a súa estadia en anos anteriores e alumnos visitantes de outros paises. O acto estivo presidido polos directores dos centros e representantes de Inspección Educativa.
VIAXE DIDÁCTICA A BERLÍN
Entre os días 18 e 22 de marzo un total de 49 alumnos e alumnas do noso IES acompañados de cinco profesores viaxarán a Berlín. O propósito é internarse nesta espectacular cidade cun rico pasado que se manifesta en todo o seu esplendor con fantásticos monumentos, museos e edificios que nos falan da historia máis recente de Europa.
Podedes ver o programa da viaxe didáctica pinchado aquí
APRENDENDO TÉCNICAS DE REANIMACIÓN
O 6 de marzo o alumnado de 3º ESO e de 1º Bacharelato de Bioloxía asistiu a un taller de RCP (Reanimación Cardiopulmonar) impartido por profesionais do Servizo de Urxencias do CHUO. O taller resultou ser todo un éxito. Podedes ver as fotos no noso facebook.
Comunicado da ANPA
No arquivo adxunto podedes ler un comunicado da nosa ANPA. Dende o noso Instituto animámovos a participar!
Día das crepes
Con motivo da celebración francesa "La Chandeleur" (día da Candelaria) organizouse no centro unha degustación de crepes. Podedes ver todas as fotos no noso facebook
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »
![IES 12 de Outubro - Ourense RSS Distribuir contido](/centros/ies12outubro/misc/feed.png)