Icons/ Na procura do pasado

O pasado mércores os alumnos de I de Bacharelato (Historia do Mundo Contemporáneo) e II de Bacharelato (Arte) asistiron co departamento de Historia a dúas exposicións que se presentan estes días na cidade. Icons, no centro cultural Marcos Valcárcel, un interesante percorrido pola arte pop con obras de Warhol ou Lichtenstein. E por outra banda, Na procura do pasado, na sede Afundación, co mellor das pezas do Museo Arqueolóxico de Ourense, pechado dende fai anos. Ó rematar aproveitamos a mañán para facer un pequeno roteiro polo Casco Vello da cidade, da Catedral á Porta da Aira, pasando polas Burgas. 

 

Contratación da cafetería e comedor

Concurso para contratar o servicio de comedor e cafetería. Nos arquivos adxuntos tedes toda a información.

A.N.P.A.

A Asociación de Nais de Pais toma un novo impulso. Asóciate e participa!

 

Certificado de asociación

Estatutos

Formulario de inscrición

Cultura Científica

O alumnado de 1º de Bacharelato de cultura científica levou a cabo no 2º trimestre diferentes traballos de investigación acerca da historia da medicina e de temas de actualidade como o virus zika ou a tos ferina.  Podedes ver os seus traballos no enlace do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES (click aquí)

NOVO NÚMERO DE TELÉFONO DO NOSO INSTITUTO

Debido á restructuración técnica da Xunta o novo número de teléfono do nos IES é:

988788211

Guía lectura temas transversais

Pincha aquí para ver as nosas recomendacións

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

Estáse a celebrar o campionato interno de FÚTBOL SALA  dentro da campaña “MARTES DEPORTIVO” como actividade deportiva extraescolar que se celebra os martes entre as 16:00 horas e as 17:40 horas.

 

            Inscribíronse 12 equipos de tódolos cursos. A competición consta de 2 grupos. No grupo A incluíronse 8 equipos masculinos que xogarán polo sistema de liga a dobre volta e os 4 primeiros clasificados xogarán as semifinais (1º contra 4º e 2º contra 3º). No grupo B incluíronse 4 equipos femininos e mixtos que xogarán tamén polo sistema de liga a dobre volta.

Podedes ver todas as fotos no noso facebook

Programas Europeos.

Xa están publicadas as Bases e os modelos de solicitude para a realización de mobilidades de alumnos e profesores en países da Unión Europea. Toda a información esta exposta no taboleiro de anuncios da entrada do noso Centro e nesta páxina web nas pestanas CM-Erasmus+ e CS-Erasmus+

 

 
Distribuir contido